Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tres muralistas e un escultor inician as intervencións urbanas en Rianxo

Iria Fafián, Sekone e Julia Gil decorarán fachadas de edificios en base a temas da cultura local // Tucho Abalo fará unha peza artística con residuos mariños

A plataforma de arte público Viladomar coordina unha nova serie de intervencións no espazo urbano de Rianxo que comezaron este luns e que se levarán a cabo ata o vindeiro día doce.

A iniciativa, que nace dun grupo mozos e mozas de Rianxo con experiencia na xestión e creación artística a través da asociación cultural Ondiñas Mainas e coa colaboración do Concello, quere poñer o foco na escena mural contemporánea en Galicia.

Un movemento que xa levan máis de vinte anos desenvolvendo artistas que traballan no espazo público dentro e fóra das nosas fronteiras producindo proxectos e formando a novas promesas.

Iria Fafián (A Coruña) e Sekone (Vilagarcía) son dúas figuras clave para achegarnos ó movemento do novo mural galego. Con anos de traxectoria e unha longa experiencia profesional en ámbitos como o deseño, a ilustración e o muralismo, teñen realizado encargos e exposicións en cidades e pobos de España, Francia, México e EEUU. Intervirán cadansúa fachada na rúa Arcos Moldes e na estrada de Rianxiño, respectivamente. Farano conectando os seus traballos coa imaxinería cultural rianxeira nun proceso que medra e se completa día a día á vista de quen o queira contemplar.

Tucho Abalo (de Cabo de Cruz) traballará na lonxa vella creando unha escultura para a que transformará residuos recollidos nas praias da contorna en expresión volumétrica e que se instalará nunha ubicación circular.

Finalmente, a xove pintora nada en Taragoña Julia Gil é a invitada local desta edición na que emerxerá ó ámbito mural e na que tamén será a súa primeira intervención no espazo público. Ela pintará no Colexio Rural Agrupado da Atalaia, en Asados, unha obra que non deixará indiferente a ninguén.

Estas accións veñen dar continuidade ás que xa se realizaron na vila dende 2018 con obras de Novenoel, Luis Vicente Batalla e Lara Torres (Rianxo), Mutante Creativo e Nana (Ordes), Miguel Peralta (Santiago) e Doa Oa (Sober).

07 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.