Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tres tractoristas e seis operarios realizan rozas en camiños de Outes

OUTES. O Concello de Outes está a levar a cabo traballos de roza de camiños e beirarrúas no municipio. Aos dous tractoristas que se ocupan ao longo do ano destas tarefas sumóuselle a finais de xullo un terceiro que está contratado por nove meses grazas ao programa Aprol Rural da Xunta. Segundo a tenente de alcalde, Alba Quintela, “durante a primavera e o verán procédese á limpeza dos camiños asfaltados, mentres que en outono e inverno rózanse camiños agrarios e forestais”. Quintela indicou que “en veráns particularmente húmidos como este a vexetación medra moito, polo que os camiños rozados a finais de maio xa precisan unha nova actuación”. Ademais, dende primeiros de xuño o Concello conta cunha brigada de seis operarios contratados ata fin de ano polo PEL da Deputación para limpeza de beirarrúas e camiños. S. s.

19 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.