Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trinta e cinco reformas en centros de Costa da Morte

Suporán un investimento total de case tres millóns de euros // Os traballos non afectarán ó desenvolvemento do curso escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade contempla 35 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento global de 2,8 millóns de euros.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Laxe, José Luis Pérez, visitou o CPI Cabo de Area no que se vai acometer a renovación das carpinterías e do illamento térmico exterior cun investimento de máis de 400.000 euros, que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia. O prazo de execución é de tres meses.

O proxecto propón a substitución de boa parte das carpintarías do edificio de primaria, saneado e pintado da estrutura metálica na zona de entrada do edificio de secundaria e o cambio da cuberta da cafetería e vestiarios. Ademais, procederase á retirada e substitución dos vidros do lucernario de entrada deste mesmo edificio. A actuación contempla tamén a instalación dun sistema de illamento térmico exterior dos cerramentos dos edificios de primaria e secundaria.

Ademais desta actuación en Laxe, a Xunta realizou licitacións similares para a rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco, cun investimento de máis de 664.000 €, aos 361.000 para a renovación da cuberta e das carpinterías do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños e aos 380.000 euros para a reforma das carpinterías e do SATE do CEIP Eugenio López de Cee. Ademais, está previsto que se liciten en breve melloras en centros de A Laracha e Ponteceso. O delegado da Xunta tamén destacou que este verán está previsto que se rematen as obras do IES Fernando Blanco de Cee e do CPI O Cruce de Cerceda que contan cun orzamento de 358.000 €.

Trenor explicou que, a pesar de que algunha obra pode verse afectada pola subministración de materiais que se está dando en todos os sectores industriais, todas as melloras están deseñadas e planificadas para que, en ningún caso, incida no normal desenvolvemento do curso escolar.

02 sep 2021 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.