Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través dun programa provincial de tres millóns de euros TEXTO Víctor Furelos

Un paso adiante para afianzar o traballo das entidades sociais

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, aproveitou a súa visita á sede da Asociación de Pais e Nais e Nenos con Parálise Cerebral (Aspace) en Osedo, no municipio de Sada, para anunciar os programas de apoio ás entidades sociais, que este ano contan cun orzamento global cercano aos tres millóns de euros.

Das 44 entidades que se beneficiarán das axudas, cinco son da comarca do Barbanza, dúas de Bergantiños, outras dúas do Sar e unha máis de Barcala, ás que se suman as de Santiago que prestan servizo a veciños dos municipios limítrofes.

Na comarca barbanzá, unha das zonas que conta con un maior movemento organizativo neste eido, Amicos, con sedes en Boiro e Ribeira, recibirá 14.500 euros para o servizo residencial de emerxencia social; a Asociación Galega para Axuda de Enfermos con Demencia tipo Alzheimer contará con 27.000 euros para o seu centro de atención diurna e/ou nocturna de Ribeira; a tamén ribeirense Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional beneficiarase de 22.000 euros para a vivenda con apoio para a mellora da calidade de vida; a Asociación pro Salud Mental A Creba, con centros no polígono noiés de Augalevada e en Ribeira, ingresará 19.500 euros para o seu centro ribeirense de rehabilitación psicosocial e laboral; e a Asociación Socioeducativa O Parque de Porto do Son terá 20.000 euros para os centros de atención á infancia.

Por outra banda, a axuda para a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños será de 19.500 para os seus centros ocupacionais mentras que a Asociación Integro que se ocupa da diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra vai ter unha subvención de 28.500 euros para o seu centro de día.

Na comarca do Sar a Asociación Andaina pro saúde Mental contará con 11.231 euros para o seu centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Dodro, en tanto que a Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do sar (Amipa) recibirá 19.975 euros para o seu centro ocupacional de Rois. E finalmente destinaranse 12.000 euros ó centro ocupacional da Fundación pola Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala.

A xerente de Aspace, Sonia Ruíz, afirmou durante a visita que “na Deputación sempre atopamos un aliado” e agradeceu o apoio da institución provincial en temas de formación, terapias e investimentos necesarios para mellorar o centro. Estas palabras amosan tamén o sentir de moitas das entidades beneficiadas por estas axudas. “Medramos moito nos últimos anos grazas a estes apoios”, afirmou

“Quixemos mostrar ao presidente a utilidade das axudas que recibimos, cómo contribúen a mellorar a vida destas persoas e tamén pór sobre a mesa novas demandas e necesidades de futuro de Aspace que nos permitan seguir mellorando en base a esta alianza que mantemos coa Deputación”, afimou a xerente de Aspace.

LIÑAS DE AXUDA. A Deputación da Coruña conta con catro liñas de apoio a entidades sociais: para o mantemento de centros, para programas e servizos de entidades no ámbito social, para apoiar programas sociosanitarios e para financiar os novos investimentos que as entidades precisen.

Todas estas liñas, ás que se suman as específicas para a adquisición de vehículos de transporte adaptado, suman arredor de tres millóns de euros anuais.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña xa publicou a primeira resolución provisional dunha destas liñas da área social: a destinada a mantemento de centros de servizos sociais, cun orzamento de 800.000 euros, que chegará a 44 entidades da provincia.

Centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa da Deputación provincial coruñesa con axudas que van desde os 5.900 aos 29.500 euros.

O protagonista
“Non se pode deixar a ninguén atrás”
Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial da Coruña

O presidente da Deputación coruñesa reflexou nas súas palabras o agradecemento que sinte polo gran labor que realizan os profesionais destas entidades sociais. Valentín González Formoso destaca que a Deputación da Coruña reforzou este ano todos os seus programas sociais “para facer fronte ás consecuencias da pandemia porque non se pode deixar a ninguén atrás na saída da crise”. Neste sentido, anunciou que os programas de apoio ás entidades sociais, que este ano contan cun orzamento global que se achega aos tres millóns de euros, “chegarán a 215 asociacións de toda a provincia que, como Aspace, desenvolven un traballo fundamental no apoio e integración social dos colectivos máis vulnerables ou con necesidades especiais e contribúen a mellorar a vida diaria de miles de persoas”.

{ cousas do demo }
Non se paga con cartos
Víctor Furelos

o traballo das entidades sociais recibe un espaldarazo importante, necesario e ata imprescindible para reforzar un ha serie de servizos que fav iorecen a quenes diante da sociedades semellan ser máis débiles. O que fai a Deputación é fundamental. Son cartos que manteñen centros ocupacionais, de rehabilitación ou de día a ata vivendas comunitarias. Pero non hai quen pague o servizo que unhas persoas altruistas, sen ánimo de lucro, manteñen por medio destas asociacións. E aínda é máis difícil de contabilizar canto costa o trato que reciben os usuarios. Non estaría de máis pensar nalgún xeito de compensar a estos traballadores e darlle visibilidade. Non sei se por medio dun premio... Pero o que sei e que o que fan non se paga con cartos.

10 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.