Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha familia denuncia o ataque dun pitbull a un neno de tres anos na praia de Arnela

A propietaria asegura que a cadela non é desa raza, que é unha cachorra e que non tocou a ninguén

PORTO DO SON. Un pitbull abalanzábase a tarde do domingo na praia de Arnela, en Porto do Son, sobre un neno de tres anos. Ata dúas veces o tirou ao chan ante a impotencia dos seus pais. Afortunadamente non houbo que lamentar danos pero os afectados chamaban a este xornal para denunciar a “ineficacia” das autoridades. “A persoa que levaba ao can era un mozo duns trinta anos e ía acompañado dun neno de 10. O pitbull ía sen correa nin bozal e cando lle pedimos que o atase enfrontouse a nós e mostrouse moi agresivo. Tivemos que marchar dalí”, relata a nai do pequeno. “Chamamos varias veces ao 091 para que enviasen unha patrulla en busca do home e literalmente nos acabaron dicindo que tiñan cousas máis importantes ás que atender”, conta. “É incrible este pasotismo”. A familia é de Santiago e estaba dando un paseo.

Este xornal recibía hoxe unha notificación vía correo electrónico dunha persoa que se identifica como a propietaria do can e nega a versión da familia que fixo a denuncia. En primeiro lugar afirma que non é un pitbull e que é unha cadela, que “está en regla, no tenía que llevar bozal, ya que es una cachorra”, e engade que “se le escapó de la mano a mi hijo de 8 años, fue a junto este padre e hija acercándose para jugar, en ningún momento rozó al niño, y esto mismo fue lo que le dijeron a la Guardia civil cuando los llamaron, esto mismo me lo confiesa la Guardia civil, por eso no le dieron importancia, ya que no toco a nadie...” Por outra parte, indica que “había testigos por el paseo y vieron todo como fue”, insistindo en que a cadela non tocou a ninguén. C.G.

03 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.