Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O itinerario acaba de ser acondicionado cunha axuda da Xunta // Combina sendeiros entre árbores, pequenos regatos e fascinantes vistas TEXTO M. Torres

Unha nova ruta para descubrir
o Bico do Santo en Carnota

Sempre é un bo momento para perderse por algún dos belos roteiros que esconde Galicia. Existen variedades de lugares cargados de atractivos naturais que convidan a ser pateados, entre os que destaca o municipio de Carnota.

O Concello realizou recentemente a adecuación dunha senda de tres quilómetros de longo que transcorre polas inmediacións do Bico do Santo con parada obrigada na Cruz do Santo, dende onde se poden contemplar unhas das mellores vistas da praia e marismas de Carnota, dende Lira ata Caldebarcos, do Monte Pindo e Fisterra ao fondo.

Asemade, tamén se executaron tarefas de acondicionamento nas áreas de estacionamento de Castelo e Lamas de Castelo e sinalizouse o percorrido coa instalación de paneis informativos e direccionais.

A intervención foi subvencionada pola Xunta de Galicia no marco do programa de concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas por un valor de 30.000 euros.

No acceso que conduce á fervenza de Pedrafigueira atópase o panel de inicio deste itinerario que combina acolledores sendeiros entre árbores, pequenos regatos e fascinantes vistas. A ruta ten unha dificultade moderada agás no tramo de subida á Cruz do Santo, onde é alta. Neste punto colocáronse cordas de suxeición para facilitar o camiño.

14 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.