Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tecendo unha rede de vilas históricas europeas intelixentes desde Vimianzo

A Casa da Cultura acolleu unha xornada transnacional enmarcada no sexto encontro internacional do proxecto europeo #EuSAVE denominado Deseño de novas estratexias de desenvolvemento conxunto para poboacións históricas intelixentes e sostibles da UE. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, deu a benvida aos representantes dos oito países europeos (Italia, Bélxica, Croacia, Portugal, Bulgaria, Letonia e Macedonia) que participan na xornada.

Rodríguez destacou que con este tipo de proxectos “estamos facendo unha Europa máis unida. Créanse lazos pero tamén nos coñecemos mellor, como individuos e como conxunto de comunidades dentro dun continente”. “Entendemos mellor as diferentes ópticas do noso pasado, presente e futuro, comprendemos as pegadas da historia nos diferentes pobos europeos. Intercambiamos cultura, debatemos e aprendemos. Creamos vínculos persoais e institucionais que acortan distancias e fan desaparecer fronteiras”, apuntou.

O proxecto europeo #EuSAVE – Citizens action for Smart Historic Villages, que lidera o Concello de Vimianzo, vénse desenvolvendo desde 2018. O seu obxectivo é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas localidades, promovendo accións de compromiso social e definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos, como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

No proxecto #EuSAVE participan 40 pequenos municipios rurais de menos de 10.000 habitantes, de oito países diferentes, pertencentes ás catro áreas de Europa (Leste, Oeste, Norte e Sur). Os grupos de traballo temáticos transnacionais levan a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da rede europea de vilas históricas intelixentes creada polo proxecto. A través destas accións, desenvolverase un mapeamento de boas prácticas das iniciativas de éxito que xorden das sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural.

O proxecto está levando a cabo varias tarefas entre as que destacan os encontros internacionais, identificación de boas prácticas recollidas en mapas on line, en vídeo, en entrevistas e nun libro virtual, ademais de deseñar unha estratexia de desenvolvemento local para a rede, un plan de comunicación e un plan de sustentabilidade do proxecto no territorio da rede.

01 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.