Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Universitarios construirán na Costa da Morte o relato sociocultural do ‘Prestige’

Recollerán en Corcubión as testemuñas de persoas que viviron os acontecementos // Visitarán Corcubión, Fisterra e Muxía

O grupo de innovación docente da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña elexiu a Costa da Morte para desenvolver a primeira xornada do IV Obradoiro Naturezas Híbridas, coa colaboración da Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes (UCV).

Desenvolverase este venres, día 29 de setembro en distintas ubicacións costeiras e xuntará distintas voces situadas no territorio. Trátase duns talleres de concurrencia anual cos que pretenden indagar formas de docencia e investigación sustentadas nun compromiso ético, feminista e ambiental. Entre as súas intencións está a de ensaiar aprendizaxes que mesturen o coñecemento académico con outro tipo de saberes “non expertos”.

Os promotores decidiron que, coincidindo con vinte aniversario do afundimento do Prestige, o obradoiro se desenvolva en algúns dos lugares que resultaron directamente afectados pola catástrofe medioambiental “esperando que a recuperación dos feitos e os seus efectos brinden ao alumnado a oportunidade de aprender do pasado para interrogar os problemas do presente”, afirman.

Por iso propuxeron facer un desprazamento xeográfico e temporal para realizar un percorrido con parada en tres vilas: Corcubión, Fisterra e Muxía. Na capela corcubionesa do Pilar terán lugar as presentacións de 12.00 a 14.00 horas, as cales serán abertas ao público en xeral e, moi especialmente, a aqueles que viviron os acontecementos en primeira persoa e que desexen compartilos co alumnado do obradoiro.

As xornadas serán inauguradas polos membros do grupo de innovación e promotores da iniciativa: Carlos Diz, José Cortés e Elvira Santiago. O acto terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía, e despois os participantes viaxarán en autobús ata Corcubión, onde ás 12.00 horas comezará o primeiro encontro co público para facer unha construcción sociocultural do relato da catástrofe. Será na Capela do Pilar e complementarase cun foro aberto co alumnado. Despois visitarán Fisterra.

Reflexións
Mareas de memoria

··· O marco deste obradoiro leva por nome ‘Mareas de Memoria a 20 anos do Prestige’. A Universidade Cromática das Virtudes súmase ás celebracións e reflexións sobre a memoria deste acontecemento que terán lugar en Galicia nos vindeiros meses.

··· María Bella, investigadora e produtora cultural, e Daniel López Abel, historiador da Arte, presentarán o Arquivo Vivo da A.C. Unha Gran Burla Negra. O faro de Fisterra acollerá a primera das visitas dialogadas aos espazos híbridos de ocorrencia do ‘Prestige’. A segunda será en Muxía e estará guiada pola artista e activista Viki Rivadulla e a docente e escritora Lola Rontano.

29 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.