Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Este venres foron recibidos polo Xacobeo e o Concello de Santiago na praza do Obradoiro // Visitaron Caldas de Reis e Padrón, onde un dos peregrinos, afectado de autismo, leeu un poema na Casa Museo de Rosalía de Castro TEXTO Avelino Arca

Usuarios da Fundación Menela fan o Camiño Portugués da Costa

Os rapaces e rapazas do Centro Castro Navás da Fundación Menela, en Nigrán, remataron este venres en Compostela o seu percorrido polo Camiño Portugués da Costa, 2022, camiñando desde

Pontevedra a Santiago. No 2019 xa fixeran o Camiño desde A Guarda a Nigrán, e no 2021, desde Nigrán a Pontevedra. Esta ultima edición é a terceira do Proxecto O teu xacobeo. Un camiño de todos, auspiciada pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia e co apoio do Concello de Nigrán.

Segundo explican desde a organización, este venres día 23 de setembro finalizaron o percorrido, sendo recibidos na praza do Obradoiro polos representantes do Plan Xacobeo, da Consellaría de Política Social e do Concello de Santiago de Compostela.

Con anterioridade remataron a etapa entre Caldas de Reis y Padrón, onde fixeron unha parada na Casa Museo de Rosalía de Castro.

CASA ROSALÍA. Alí tivo lugar un acto simbólico “que con toda seguridade nunca tivera lugar”, aseguran desde a Fundación. E é que unha persoa con autismo, Adrián Márquez Prol, deu lectura a un poema de Rosalía: Airiños, airiños, aires, de Cantares gallegos (1863), unha obra, explican, “que significa o renacemento da literatura galega, no cal e dignificada a nosa lingua. Un poema que tamén cantaba e interpretaba Pucho Boedo”, indican.

Ao remate do poema, Adrián engadiu, cun rotundo ton, que tratábase “dun poema da mais grande das poetas galegas e do mundo”.

Na visita o museo, estiveron acompañados polo presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e a nivel de anécdota, conta que “cando entramos na habitación onde esta a cama na que morreu Rosalía ollando o mar Iván, un rapaz do grupo intentou, tombarse nela, impedíndollo rapidamente pola monitora de acompañamento”.

PiCTOGRAMAS. “Pola nosa banda, na visita o museo o mellor agasallo que podiamos facerlle, non podía ser outro que aportarlle unha serie de pictogramas, de cara a facer o máis accesible posible o este fantástico museo. O slogan mais acaído ao longo do Camiño foi contribuír a unha mellor accesibilidade do Camiño, non só para as persoas con autismo, senón para outras discapacidades. Moitos dos albergues nos que nos hospedamos, e algúns dos concellos do Camiño, foron tamén sensibilizados a utilizar estes sinais”, contan.

Alí chegaron tras deixar a vila termal de Caldas de Reis, “que tanto atraeu aos romanos e na cal foi achado o Tesouro de Caldas, 1500 –1600 a. C., descuberto en 1940 e depositado no Museo de Pontevedra”, lembran desde a organización. Despois, o día seguinte, mércores día 21, “arribamos a vila de Padrón. Iria Flavia foi a primeira poboación, anos 69 a 96. A tradición di que cara o ano 34 desembarcou en Iria o Apóstolo Santiago. Os seus discípulos Teodoro e Anastasio trouxeron os restos mortais desde Xudea no ano 44, enterrándoo nun outeiro río Sar arriba, no que hoxe é Santiago de Compostela, no monte Libradon onde se construíu a Catedral de Santiago”, lembraron.

PERSOEIROS. Desde a Fundación Menela lembrouse, ademáis, a históricos persoeiros vinculados a vila e de distintas épocas, como foi o bispo Teodomiro Padrón, o arcebispo Diego Xelmírez ou o seu homólogo Rodrigo de Luna. Non quixeron olvidarse, tamén, de persoeiros que foron importantes figuras da literatura: Macías o Namorado, Xan Rodríguez de Padrón, Rosalía de Castro ou o mesmo Camilo José Cela.

24 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.