Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga e ADIF acordan a retirada de dous pasos a nivel situados na liña férrea Redondela-Santiago

Corresponden aos cruces cos camiños de Carracido e Castiñeiras-Carballa de titularidade municipal // As actuacións teñen un custo de tres millóns de euros

O alcalde do concello pontevedrés de Valga, José María Bello Maneiro, e a presidenta do Administrador ferroviario, ADFI e ADIF Alta Velocidade, María Luisa Domínguez, asinaron un convenio para suprimir dous pasos a nivel situados na liña férrea Redondela-Santiago.

Segundo a información facilitada polos responsables municipais, estes pasos a nivel corresponden aos cruces cos camiños de Carracido e de Castiñeiras-Carballa, ambos de titularidade municipal, e están dotados, respectivamente, de proteccións de Clase P (sinalización horizontal e vertical) e Clase A3 (semibarreiras automáticas).

Indicar que as actuacións, valoradas en cerca de tres millóns de euros, dos que 2,7 serán financiados polo Administrador ferroviario, permitirán mellorar a permeabilidade e incrementar as condicións de seguridade das infraestruturas de transporte, tanto para o tráfico viario e peonil, informan desde o Concello.

TRABALLOS. Os traballos de supresión de ambos pasos a nivel, situados nos puntos quilométricos 64/110 e 65/212 da liña ferroviaria, serán realizados por ADIF e ADIF AV, e comprenden tanto as obras coma a súa dirección.

A financiación destas actuacións será asumida por ADIF AV, cun investimento estimado en 2.742.056 euros.

A supresión levarase a cabo mediante a construción de camiños de enlace e un paso superior que permitirá cruzar as vías no punto quilométrico 65/300 da liña e garantirá a conexión entre ambas marxes e a accesibilidade para os propietarios de terreos e veciños en xeral.

Pola súa parte, o Concello de Valga dará a súa conformidade aos proxectos de supresión e asumirá o custo da expropiación dos terreos necesarios para realizar as obras, operación que está valorada nun total de 208.812 euros, así como do mantemento e conservación dos elementos construídos, é dicir, do paso superior, os sistemas de drenaxe e os camiños de enlace xa descritos.

20 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.