Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga homenaxea aos estudantes con mellor expediente

Son alumnos dos colexios de Ferro Couselo e Baño, do IES e da escola e centro de música

Os estudantes dos centros educativos cos mellores expedientes académicos do curso 2020-2021 recibiron unha homenaxe por parte do Concello de Valga. O acto, que se celebrou no auditorio municipal, contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, o xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, directores dos colexios, representantes da ANPAs e familiares dos alumnos.

Os galardóns aos mellores expedientes de Educación Primaria recaeron en Brais Blanco Pérez, do CEP Xesús Ferro Couselo, e Lois García Tizón, do CEIP Baño-Xanza. En Educación Secundaria Obrigatoria foi recoñecido Samuel Rial Maneiro, mentres que en Bacharelato foron Sonia Costa Suárez, na rama de Ciencias, e María Ortigueira Piñeiro, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. En FP Básica, na especialidade de Fabricación e Montaxe, o alumno máis brillante foi Javier Domínguez Romero; no Ciclo Medio de Soldura e Caldeiraría, Fernando Romero Castroagudín, e no Ciclo Superior de Construcións Metálicas, Lois González Alcalde.

No referido á ensinanza musical, o estudante da escola municipal co mellor expediente do Grao Profesional foi Pablo Ares Ferro, na especialidade de Clarinete, e no Grao Superior foi Sergio Piñeiro Martínez, na especialidade Saxofón. Por último, o mellor expediente do Centro Superior de Música foi o de Fabián Jamardo Pérez, en Trompeta. Os galardoados recibiron un diploma, unha placa conmemorativa e unha tablet, esta última foi aportada por Educación.

10 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.