Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
música. A gaita de Susana Seivane, a voz de Uxía Senlle e a calidade da banda municipal fixeron disfrutar a un público que deixou pequeno o auditorio

Valga recordará sempre o vistoso final do festival Confluencias

Difícil será de olvidar o remate do festival Confluencias en Valga para un público que encheu o auditorio para desfrutar, e moito, da calidade artística da Banda Municipal de Valga, a voz de Uxía Senlle e a gaita de Susana Seivane, que puxeron o broche a esta cita que se celebrou durante toda a fin de semana coa organización da Escola de Música e Musival, coa colaboración do Concello e da Xunta, a través do Agadic.

Dúas das grandes figuras da escena musical galega acompañaron á Banda de Valga na xornada de clausura do festival. A agrupación dirixida por Manuel Villar Touceda foi a encargada de abrir os concertos do domingo, seguida de Uxía, unha das renovadoras da música tradicional galega con máis de 30 anos de carreira artística ás súas costas.

O colofón chegou con Susana Seivane, unha das gaiteiras galegas con maior recoñecemento nacional e internacional, que presentou unha compilación de todos os seus traballos cun son moderno e actual.

Durante toda a fin de semana nove artistas e agrupacións pasaron polo escenario do Auditorio nesta primeira edición de Confluencias.

A Orquestra Clásica de Valga, o Ensamble CSM Galicia e El Barullo inauguraron o festival o venres, mentres que o sábado tomaron o relevo a solista galego-suíza Nastasia Zürcher, a banda de jazz Alfonso Calvo Septet e Abe Rábade Trío.

08 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.