Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Vedra ensalzou aos escritores locais // Xosé Luna impartiu un curso de poesía // O instituto Espiñeira de Boiro recibiu cartas e vídeos de case corenta autores e unha viñeta de Luis Davila TEXTO Ana Pérez

Vargas Llosa e Allende: unidos no Día do Libro

A pandemia obrigounos a pasar máis tempo na casa, e isto tradiciuse nunha maior creatividade. E é que non quedou outra que tirar da imaxinación para celebrar os eventos anuais, tal e como sucedeu onte no Día do Libro. Un dos máis especiais foi o que fixeron no IES Espiñeira de Boiro, que convidou a escritores de todo o mundo a enviar ó centro libros, textos, cartas ou vídeos. Recibiron resposta de case 40 autores, entre eles Mario Vargas Llosa (animándoos á lectura) e Isabel Allende (un vídeo) ou unha viñeta do ilustrador Luis Davila. Co material fixeron unha exposición.

A xornada de onte aproveitárona tamén outros concellos, como foi o caso de Vedra, para pór en valor aos escritores locais. Concha Otero, autora de A noite en que todo cambiou, presentou na Nave da Estación de Santa Cruz esta obra, que é todo un exercicio de superación e de reflexión no que conta como á súa parella, Juan, lle deu un derrame cerebral, e a partir diso xa nada foi igual.

Na Costa da Morte, Camariñas convocou a catro autores, que irán colgando os seus vídeos no Facebook municipal. O primeiro foi Rafael Lema coa súa última obra, Camiño dos faros: leyendas de la Costa da Morte. O autor estará tamén na I Feira Virtual do Libro do Reino Unido o oito de maio. En Noia, os nenos e nenas divertíronse cun contacontos, e en Muros, a Fábrica de Sel acolleu a presentación de Un señor elegante, de Suso de Toro. O poeta Xosé Luna visitou ó CEIP Pérez Viondi, na Estrada, para impartir o obradoiro A mel nos beizos. E Ames leva todo o mes desenvolvendo propostas para animar á lectura.

24 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.