Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O Concello vén de iniciar as actividades do seu programa de conciliación de verán // Corenta nenos, de entre 3 e 12 anos, participan nesta primeira quenda

Xogos, talleres
e contacontos pola igualdade en Lousame

O Concello de Lousame vén de iniciar as actividades do seu programa de verán para a conciliación da vida familiar e laboral, integrado no programa Lousame Concilia. Os corenta nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que participan nesta primeira quenda están divididos en grupos de idade para a realización das actividades. Entre as iniciativas que se desenvolven diariamente figuran os xogos tradicionais, as xincanas e actividades deportivas, así como propostas especiais, como actuacións teatrais ou contacontos pensados para fomentar a igualdade.

O Lousame Concilia Verán lévase a cabo de luns a venres nas instalacións do CPI Cernadas de Castro en horario de mañá, entre as 09.30 e as 14.30 horas. Este servizo está organizado pola concellería de Igualdade do Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Lembrar que o Concello de Lousame vén de clausurar os seus campamentos de verán, que reuniron a máis de 100 nenos e nenas, de entre 6 e 14 anos, que tiveron lugar do 11 ao 15 de xullo. Uns campamentos que recuperaron as actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza prepandemia, como as saídas á piscina, a excursión ao Aquapark de Cerceda, os inchables, o tiro con arco, a Festa da Escuma, holy race ou a velada nocturna.

01 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.