Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornada festiva en Integro para celebrar os 30 anos

A asociación da Costa da Morte realizou obradoiros variados e unha masterclass de zumba // Remataron o día cun xantar

A Asociación Integro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte celebrou o seu 30 aniversario cunha xornada festiva de portas abertas moi concorrida. O presidente da entidade, Adolfo López Baña, xunto coa directora, Noelia Barreira, e outros membros da directiva, deron a benvida a familiares,

socios/as, veciños/as e autoridades locais da comarca (como os alcaldes de Cabana e Ponteceso) que se achegaron ata o Centro de Recursos para participar nesta xornada.

Fiel ao lema conmemorativo deste ano (Todos e todas sumamos) o numeroso público asistente amosouse, desde o primeiro momento, moi participativo e interesado nas diferentes actividades programadas. As primeiras consistiron na realización de varios obradoiros de temática variada, entre os que non faltaron o de xabóns, chapas e pulseiras, ademais do de reciclaxe de plásticos, que se levou a cabo no taller de Diversiplás para dar a coñecer os diferentes tipos de residuos e o proceso de transformación e valorización deste tipo de lixo.

Paralelamente, no exterior das instalacións de Nantón realizáronse demostracións de produtos de mobilidade activa, a cargo de Tomás Cutrín, de Innova Procare, que lograron captar o interese e a atención de todos os convidados, entre os que tamén figuraban os integrantes dos grupos de voluntariado xuvenil de Madrid que visitaron Integro ao longo do mes.

Foron moitas as persoas que aproveitaron para coñecer polo miúdo as instalacións e realizar un percorrido pola historia da entidade a través da mostra fotográfica exposta no citado centro.

Houbo asemade oco para o deporte cunha masterclass de zumba, unha charla sobre afectividade e sexualidade de persoas con diversidade funcional, e un xantar.

02 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.