Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comesaña mostra a súa preocupación polos ingresos directos en uci de xente nova sin vacinar

A situación nos hospitais empeorou na fin de semana // Polo momento non hai rexistros da variante ómicrom en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña mostrou a súa preocupación pola variante ómicrom que foi declarada o pasado venres destacando que polo momento non hai constancia de ningún caso no territorio galego. Afirmou que os servizos de Microbioloxía están vixiantes coa secuenciación e as probas PCR que se realizan a diario onde se pode detectar esta nova variante. “Estamos pendente de ver os resultados finais do estudo e se efectivamente ten algunha característica de escape á vacina, confiemos en que non”, engadiu.

En declaracións aos medios en Lugo esta mañá, Comesaña centrouse en que a situación nos hospitais empeorou de forma importante esta fin de semana. “Tiñamos un incremento estable na UCI e na hospitalización pero estos días deuse unha subida de ingresos directos en UCI con xente nova sen vacinar”, afirmou.

Ante o aumento do número de casos o goberno galego tomou a decisión de extender o uso do certificado covid na hostalaría. Neste sentido o conselleiro agradeceu a boa resposta de todos os sectores. Comesaña non descartou a implantación de novas medidas en función de como avance a situación. Esperarase aos resultados da evolución destes días e ao impacto das medidas que se puxeron en marcha recentemente. Con todo considera que é cedo para falar de cando se pode alcanzar o pico desta sexta onda.

De cara á ponte da Constitución, o titular de Sanidade destacou que na reunión do subcomité clínico do pasado venres puxéronse enriba da mesa varias medidas que agora están analizando; algunhas requerirían o paso polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En todo caso precisou de que non está previsto a modificación de horarios na hostalería.

O mércores comezará a vacinación da terceira dose do grupo de 60 a 69 anos, coincidindo co remate do pinchazo da vacina no grupo de 70-79. Comesaña informou de “todo parece indicar que antes ou despois acabará extendéndose a vacinación ao resto de grupos”, aínda que polo momento centraranse nos maiores de 60 e profesionais sanitarios, así como en rematar cos colectivos que estaban identificados como de maior risco.

Comesaña rematou a súa intervención animando á cidadanía á vacinación así como a utilizar as máscaras e reducir as limitacións que axudan a manter un nivel baixo dos recursos sanitarios.

29 nov 2021 / 13:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.