Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comesaña nega que Galicia sexa a autonomía que recibiu máis vacinas

Santiago e Ourense baixan ao nivel medio de restricións

Este es la plantilla de ECG
14:14 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    14:14 h.

    Os positivos por autotest só deben ir ao centro de saúde se teñen síntomas

      Cando aparece un positivo nun autotest dunha oficina de farmacia, se se fixo diante do farmacéutico, a información pasa directamente ao Sergas que é quen se pon en contacto co cidadán para validar o positivo cunha PCR. Pide García Comesaña a estas persoas que non vaian ao centro de saúde se non teñen síntomas. Tamén será o Sergas quen chame aos contactos estreitos dese positivo.

      Este es la plantilla de ECG
      14:09 h.

      Vacinas extra de Pfizer para compesar as que non chegaron de Moderna

        Admite o conselleiro que Galicia recibiu 8.700 vacinas extra de Pfizer nos últimos días, para compensar as que non chegaron de Moderna. Di descoñecer se esas doses extra corresponden ou non ao paquete de 3,4 millóns anunciado polo Goberno.

        Este es la plantilla de ECG
        14:01 h.

        A vacinación dos nenos, pendente das vacinas que se reciban

          A vacinación dos nenos antes do inicio do curso escolar "vai depender das vacinas que recibamos", sinala o conselleiro. 

          Este es la plantilla de ECG
          13:58 h.

          "Galicia non é a comunidade que máis doses recibiu"

            O conselleiro de Sanidade nega que, como se chegou a dicir, Galicia sexa a comunidade autónoma que máis vacinas recibiu ata o momento: "Todos sabemos cal foi a rexión que recibiu máis doses". Galicia está, dixo, "en terceiro, cuarto ou quinto lugar".

            Este es la plantilla de ECG
            13:57 h.

            García Comesaña achaca a reprogramación de citas ao reparto de vacinas

              A preguntas dos xornalistas, o conselleiro de Sanidade explica que o sistema de autocitas está condicionado polo reparto das vacinas extra de Pfizer, que non chegan a Galicia. Di García Comesaña que no comité interterritorial de saúde en ningún momento se dixo nada sobre o reparto dos 3,4 millóns de doses extras anunciados inicialmente para todas as comunidades autónomas. As 97.000 vacinas semanais de Pfizer que viña recibindo Galicia, baixaron a 93.000, e tamén houbo problemas coa chegada das vacinas de Moderna _a terceira vez que ocorre en Galicia_, o que obrigou á Xunta a reprogramar citas. 

              Este es la plantilla de ECG
              13:40 h.

              O doutor Muíños pide reducir os contactos sociais

                O doutor José Luis Muíños pídelle á xente nova que evite a inxente cantidade de contactos sociais actuais, e que, en caso de mantelos, respecten as medidas de seguridade. No tocante á xente de máis idade, o aumento do contaxios, di, estase a rexistrar no ámbito familiar. Lembra que a xente nova tamén pode acabar no hospital e quedar con secuelas do COVID. Incide o doutor Muíños na seguridade das vacinas.

                Este es la plantilla de ECG
                13:36 h.

                Situación sanitaria relativamente tranquila

                  José Flores, xerente do Sergas, explica cal é a situación asistencial en Galicia. 

                  Este es la plantilla de ECG
                  13:32 h.

                  A delta é xa a variante maioritaria en Galicia

                    A directora xeral de Saúde Pública confirma que nestes momentos en Galicia temos xa unha circulación maioritaria da variante delta.

                    Este es la plantilla de ECG
                    13:30 h.

                    Baixa a incidencia acumulada no grupo de 12 a 29 anos e sube no de máis de 70

                      Segundo Carmen Durán, o grupo de idade de 12 a 29 anos segue a ser o que ten unha incidencia acumulada máis alta, "se ben o certo é que está diminuíndo". Hoxe en día está entre 1.500-1.600 casos por 100.000 habitantes, cando se chegou a estar por riba dos 2000. Permanece estable a incidencia acumulada no grupo de 0 a 11 anos e nos grupos do 40 a 69 anos. Produciuse un lixeiro incremento nos maiores de 70.

                      Este es la plantilla de ECG
                      13:28 h.

                      Mellora a situación epidemiolóxica, pero "non é unha situación óptima"

                        Carme Durán, directora xeral de Saúde Pública, explica que mellora a situación epidemiolóxica, se ben non é unha situación óptima. O número reproductivo instantáneo está por debaixo de 1 en tódalas áreas sanitarias a excepción das da Coruña e Ferrol. A porcentaxe de probas positivas baixa ao 11,57%, un 7,5% menos que a semana pasada, periodo no que se levaron a cabo 79.000 probas diagnósticas. 

                        Este es la plantilla de ECG
                        13:22 h.

                        Santiago e Ourense pasan a nivel medio de restricións e só O Grove queda en nivel máximo

                          O  conselleiro detalla que só O Grove vai seguir no nivel máximo de restricións. En nivel alto quedan 55 concellos, se ben o de Santiago baixa a nivel medio. Na área sanitaria da Coruña quedan en nivel alto Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, A Coruña,  A Laracha, Carballo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Sada, Oleiros e Miño. Na de Ferrol son os municipios de Pontedeume, Cabanas e Ferrol, e na de Santiago os de Muros, Ames e Ribeira. Na área sanitaria de Lugo son os concellos de Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei. Na de Ourense son O Barco de Valdeorras e Verín, e na de Pontevedra os de Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa e Vilgarcía. Xa na área sanitaria de Vigo quedan en nivel alto os concellos de Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.

                          En nivel medio quedan 69 concellos, entre eles Santiago, Teo, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Valga, Carnota, Oroso, Rianxo e Silleda. Tamén quedan neste nivel os municipios coruñeses de Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Cabana, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene. Na provincia de Lugo quedan en nivel medio Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria e Vilalba, e na de Ourense os municipios de Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles e Allariz. No tocante á provincia de Pontevedra, a medida afecta aos concellos de A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas e Salceda de Caselas.

                          Este es la plantilla de ECG
                          13:21 h.

                          A idade media dos hospitalizados na UCI é de 65 anos

                            O conselleiro sinala que se ben hai na UCI mozos de 20, 24 e 28 anos, a media de idade dos hospitalizados nas unidades de críticos é de 65 anos.

                            Este es la plantilla de ECG
                            13:18 h.

                            Con pauta completa o 94,4% dos maiores de 40 anos

                              Julio García Comesaña confirma que o 94,4% da poboación maior de 40 anos en Galicia ten xa a pauta completa, sendo a segunda mellor automomia por detrás de Extremadura.

                              Este es la plantilla de ECG
                              13:16 h.

                              A incidencia acumulada segue sendo alta

                                O conselleiro de Sanidade comeza a rolda de prensa sinalando que "Galicia vai á baixa", se ben destaca que a incidencia acumulada a 14 días está en 558 casos por 100.000 habitantes, e a 7 días en 244, polo que "segue sendo alta".

                                10 ago 2021 / 11:14
                                • Ver comentarios
                                Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                TEMAS
                                Tema marcado como favorito
                                Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.