Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Doce casos de COVID nunha residencia para persoas con discapacidade en Barbadás

Segundo Política Social, os afectados están “leves”. Nos centros de maiores os contaxios baixan de 11 a 3

A Xunta detectou un brote de Covid-19 nunha residencia para persoas con discapacidade do municipio ourensán de Barbadás con doce usuarios infectados, mentres que os centros de maiores reducen a tres os residentes contaxiados.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade --que publican semanalmente os casos en residencias--, no centro para persoas con discapacidade As Burgas, de Barbadás, hai doce usuarios contaxiados con Covid, que están illados polo protocolo sanitario.

Fontes de Política Social confirmaron a Europa Press que esa ducia de contaxios supoñen o 60 por cento dos 20 usuarios que atende esta residencia. Todos os usuarios, incluídos os que deron negativo na proba Covid, permanecen illados polo protocolo do centro.

Por parte de Política Social destacaron, ademais, que este brote se detectou ao comezo desta semana, con casos "leves" e espérase que na próxima actualización --a fan os mércores-- "gran parte" dos afectados estean xa curados.

RESIDENCIAS DE MAIORES

En canto ás residencias de maiores en Galicia, redúcense de 11 a 3 os usuarios contaxiados con respecto á semana pasada, ao saír da lista o cinco infectados da Residencia Sanitas Residencial da Coruña e un da Bribes de Cambre.

Pola súa banda, o brote na Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo descende a tres casos. Esta semana faleceu un home de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) usuario deste centro, diagnosticado con Covid-19 e que presentaba patoloxías previas.

SANTIAGO. EUROPA PRESS

27 oct 2021 / 14:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.