Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En nivel alto Santiago e as outras seis cidades galegas

Este es la plantilla de ECG
12:42 h.

Remata a rolda de prensa do conselleiro

    Julio García Comesaña remata a rolda de prensa na que confirmou que as sete cidades galegas estarán a partir do sábado en nivel alto de restricións.

    Este es la plantilla de ECG
    12:39 h.

    O 90% da poboación vacinada para lograr a inmunidade de rebaño

      Julio García Comesaña explica que, á vista do que está a ocorrer, a porcentaxe do 70% para lograr a inmunidade de rebaño é moi insuficiente, e apunta que esa inmunidade podería lograrse tendo vacinada ao 90% da poboación.

      Este es la plantilla de ECG
      12:34 h.

      O documento das farmacias servirá para entrar na hostalaría

        Sinala o conselleiro que coa nova medida establecida nas farmacias, o que vai recibir o cidadán é unha copia do rexistro que a farmacia envía ao Sergas co resultado positivo ou negativo do test. Ese documento será válido para entrar na hostalaría, pero "non é un certificado oficial".

        Este es la plantilla de ECG
        12:31 h.

        "Prográmanse as vacinacións en función das vacinas recibidas"

          A preguntas dos xornalistas, Julio García Comesaña insiste en que se programan as vacinacións en función das vacinas recibidas. Ogallá, di, "se poideran ter tódolos días citas de vacinacións masivas en tódalas áreas sanitarias". 

          Este es la plantilla de ECG
          12:22 h.

          A incidencia acumulada en Galicia segue concentrada na poboación de 12 a 29 anos

            O conselleiro de Sanidade explica que a Xunta desbota os peches totais porque "existen amplos sectores da poboación que poden participar nas actividades económicas dun xeito seguro ao estar vacinados". Julio García Comesaña sinala que a incidencia acumulada en Galicia a 14 días é de 674 casos por 100.000 habitantes, concentrada sobre todo na poboación de 12 a 29 anos.

            Este es la plantilla de ECG
            12:20 h.

            As propias farmacias poderán trasladar ao Sergas os positivos

              Como explica Alejandro Sánchez Pérez-Mel, presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, co novo programa que se vai poñer en marcha nas farmacias, o farmacéutico será o responsable do asesoramento e realización da toma de mostras ao paciente, que se realizará na propia oficina. O usuario terá que asinar antes o consentimento informado. A farmacia supervisará a toma de mostras, procesarase o resultado do test e obteranse os resultados. Despois, a farmacia informará ao Sergas. Se é positivo, pediráselle ao paciente que se aílle á espera do correspondente protocolo.

              Este es la plantilla de ECG
              12:14 h.

              Autotest nas farmacias

                Destaca Julio García Comesaña o bo resultado que está a dar a venda de test de antíxenos nas farmacias para detectar positivos e poder confirmalos por PCR. Lembra ademais que hai un teléfono habilitado para comunicar estes positivos dos test de antíxenos, co obxectivo de non saturar os centros de saúden nin os PAC. Agora darase un paso máis: as farmacias poderán acreditar a validez do test vendido nesa oficina, e o cidadán entrará nos protocolos axeitados.

                Este es la plantilla de ECG
                12:12 h.

                O esforzo da Xunta centrarase na capacidade diagnóstica e na de vacinación

                  O esforzo da Xunta centrarase na capacidade diagnóstica e na de vacinación. O conselleiro pídelle á xente que "non nos fagamos trampas ao solitario", ao lembrar que non se comunican todos os contactos, o que impide frear a expansión do virus.

                  Este es la plantilla de ECG
                  12:08 h.

                  A actividade cirúrxica non se ve afectada

                    O conselleiro confirma que, malia os datos "preocupantes e malos", a actividade cirúrxica non se está vendo afectada. Engade que, de seguir a progresión actual, podería ocorrer en calquera momento.

                    Este es la plantilla de ECG
                    12:06 h.

                    Petición á xente nova para que vaia aos cribados: na UCI pacientes de 29 e 30 anos

                      A directora xeral de Saúde Pública incide na necesidade de que a poboación de menor idade acuda aós cribados para frear a expansión do virus. Segundo explicou o conselleiro, hai na UCI pacientes de 29, 30, 37 ou 40 anos.

                      Este es la plantilla de ECG
                      12:04 h.

                      A variante delta supón xa o 66% dos novos contaxios

                        Nestes intres a circulación da variante alfa ou británica é do 28% en Galicia, e da delta ou india sube ao 66%. 

                        Este es la plantilla de ECG
                        12:02 h.

                        As cifras de incidencia empeoran nos últimos 7 días

                          A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, explica que os datos da situación epidemiolóxica en Galicia son peores que os de sete días antes. Se a incidencia acumulada a 14 días está en 674 casos por 100.000 habitantes, a 7 días está en 345. En calquera caso, di, "parece que se está producindo un enlentecemento" nos novos casos. A taxa de positividade está no 12,3% e o número reproductivo instantáneo segue por riba de 1 desde o pasado 18 de xuño. A área sanitaria de menor incidencia é a de Ferrol, con 255 casos por 100.000 habitantes.

                          Este es la plantilla de ECG
                          11:59 h.

                          As sete cidades galegas pasan a nivel alto

                            A partir do sábado, e debido a que a situación epidemiolóxica en Galicia non vai a mellor, entrarán no nivel máximo seis novos concellos: Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso

                            Pasan a nivel alto as cidades da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo, e seguen neste nivel Pontevedra, Vigo e Ourense. As sete cidades galegas quedarán polo tanto en nivel alto. Tamén estarán neste mesmo nivel A Pobra, Ames, As Pontes, Arteixo, Cambre, Cariño, Ortigueira, Chantada, Monforte, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña Mos, Pontecaldelas, O Porriño, Redondela, Ribadumia e Soutomaior.

                            Este es la plantilla de ECG
                            11:52 h.

                            Avanza a vacinación

                              Dacordo cos datos do conselleiro, o 75,9% da poboación diana en Galicia ten polo menos unha dose, e o 69% ten a pauta completa.

                              Este es la plantilla de ECG
                              11:48 h.

                              Comeza a rolda de prensa de Sanidade

                                28 jul 2021 / 11:12
                                • Ver comentarios
                                Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                TEMAS
                                Tema marcado como favorito
                                Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.