Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Limítanse a 6 as xuntanzas de non convivintes no interior e a 10 no exterior

Para acceder aos locais de hostalaría nos concellos en nivel alto e máximo de restricións será preciso aportar un destes documentos: o certificado de vacinación completa, unha proba negativa de COVID das últimas 72 horas, ou acreditar ter pasado a infección

Este es la plantilla de ECG
12:27 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    12:17 h.

    O Goberno "equivocouse" na súa estimación da inmunidade de rebaño

      Cre Núñez Feijóo que o Goberno cometeu un triple erro nas súas estimacións a respecto de cando se acadaría a inmunidade de rebaño, da porcentaxe de poboación necesaria para conseguila, e nas súas estimacións sobre a vacinación da poboación. Cre que, ao ritmo actual, a poboación máis nova non estará vacinada mesmo ata o mes de novembro.

      Este es la plantilla de ECG
      12:14 h.

      Sanxenxo está nunha situación de "risco extremo"

        Núñez Feijóo atribúe á poboación flotante a situación epidemiolóxica de Sanxenxo, que define de "risco extremo".

        Este es la plantilla de ECG
        12:12 h.

        Non haberá peche perimetral por concellos

          O presidente da Xunta confirma, a preguntas dos xornalistas, que malia a actual situación epidemiolóxica non se van pechar os concellos perimetralmente. A continuación mostramos unha gráfica dos aforos permitidos.

          Este es la plantilla de ECG
          12:03 h.

          Prohibidas as reunións de non convivintes de máis de 6 persoas no interior

            Quedan prohibidas as reunións de non convivintes de máis de 6 persoas no interior, e de máis de 10 no exterior ou de máis de dous unidades familiares. 

            Ademais, quedan prohibidas as reunións de non convivintes entre a 1 e as 6 da madrugada nos concellos con nivel alto de restricións, e entre as 3 e as 6 da madrugada nos municipios en nivel medio ou medio baixo.

            As medidas entrarán en vigor o vindeiro sábado, se ben deberán ser ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

            Este es la plantilla de ECG
            12:00 h.

            Peche do ocio nocturno nos concellos con máis restricións

              Confirma Núñez Feijóo que naqueles concellos con niveis de restricións máximo e alto, pecharanse os locais de ocio nocturno. 

              Este es la plantilla de ECG
              11:59 h.

              Requerirase un documento para acceder aos locais de hostalaría dos concellos en nivel alto ou máximo de restricións

                Para evitar o peche de locais de hostalaría, nos concellos que esteán en nivel alto ou máximo requerirase para entrar nos locais unha das seguintes cousas: o certificado de vacinación completa, unha proba negativa de COVID nas últimas 72 horas, ou acreditar ter pasado a infección. Quedan exentos os menores de 12 anos. O aforo nos municipios en nivel máximo será do 30% no interior e 50% no exterior. 

                Nos municipios en nivel medio non fará falta ningún documento para entrar nos locais de hostalaría. O aforo será do 50% no interior e do 50% no exterior.

                No nivel baixo tampouco será preciso ningún documento para acceder ao interior dos locais de hostalaría. Os aforos quedan no 50% no interior e no 100% nas terrazas.

                Este es la plantilla de ECG
                11:54 h.

                Niveis de restricións nos concellos

                  Neste intres hai sete concellos galegos en nivel máximo de restricións: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra, Boiro, Meaño, Sanxenxo e O Grove, nos que viven 80.000 galegos.

                  En nivel alto quedan 29 concellos: Ourense, Avión, Barbadás, O Carballiño, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa, Ribeira, Melide, Burela, Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Pontevedra, Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño.

                  Este es la plantilla de ECG
                  11:51 h.

                  Feijóo denuncia un "problema importante" co abastecemento de vacinas

                    Alberto Núñez Feijóo recoñece "un problema importante" de abastecemento de vacinas. Reclama máis doses e lamenta que se tivera que frear o proceso de vacinación.

                    Este es la plantilla de ECG
                    11:50 h.

                    A vacinación dos menores de 29 anos comezará na semana do 26 de xullo

                      O presidente confirma que a vacinación dos menores de 29 anos comezará na semana do 26 de xullo ao 1 de agosto.

                      Este es la plantilla de ECG
                      11:49 h.

                      Importancia das vacinas

                        Insiste o presidente en que as vacinas están a resultar efectivas, protexendo á poboación de máis idade de máis contaxios e falecementos. 1,6 millóns de galegos dispoñen xa da pauta completa. Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis poboación inmunizada, en concreto o 65,6% dos galegos.

                        Este es la plantilla de ECG
                        11:46 h.

                        Só acuden aos cribados o 40% dos convocados

                          Lamenta o presidente que só estean a acudir aos cribados o 40% das persoas citadas, o que nos leva a estar nun risco certo de incremento de contaxios.

                          Este es la plantilla de ECG
                          11:46 h.

                          En dúas semanas triplicouse e mesmo cuadriplicouse a porcentaxe de persoas contaxiadas malia ter a pauta completa

                            Di Núñez Feijóo que non se pode baixar a guardia por varios motivos: porque as persoas mozas tamén sofren "as consecuencias dramáticas" do COVID, porque "poden estender os contaxios aos grupos de xente xa vacinada", e de feito, en dúas semanas triplicouse e mesmo cuadriplicouse a porcentaxe de persoas contaxiadas malia ter a pauta completa. Outra das razóns é o aumento da presión hospitalaria: do 11 ao 17 de xullo se duplicou o número de persoas na UCI, e triplicouse o número de persoas hospitalizadas en planta. De manterse as cifras actuais, en 15 días superaríanse os 400 pacientes hospitalizados, e 100 nas unidades de coidados intensivos. A taxa de positividade aproxímase ao 10%

                            Este es la plantilla de ECG
                            11:41 h.

                            A incidencia no grupo de 12 a 30 anos é de 1.000 casos 

                              Explica o presidente que no grupo de idade de 12 a 30 anos a incidencia é de 1.000 casos por 100.000 habitantes, fronte a incidencia de 50 no grupo de 70 a 79 anos e de 36 nos maiores de 80 anos. 

                              Este es la plantilla de ECG
                              11:40 h.

                              Feijóo admite que a situación "e preocupante"

                                O presidente da Xunta admite que maila a que esta ola de COVID en Galicia é diferente ás anteriores porque afecta sobre todo a menores de 40 anos, e consecuentemente tamén é moi diferente a ocupación nos hospitais, a situación é preocupante. A taxa de positividade en Galicia é do 9,4%, e a incidencia acumulada a 7 días é de 300 casos por cada 100.000 habitantes, moi preto dos 327 casos da media nacional, e de 466 casos a 14 días fronte aos 622 a nivel estatal. 

                                Este es la plantilla de ECG
                                11:37 h.

                                Comeza a rolda de prensa

                                  21 jul 2021 / 10:18
                                  • Ver comentarios
                                  Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                  Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.