Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sanidade alivia restricións e solicita que o illamento de positivos baixe a 5 días

Este es la plantilla de ECG
12:59 h.

Oferta de 106 novas prazas para médicos de familia dirixidas a atender postos de difícil cobertura

    García Comesaña, contestando a preguntas dos xornalistas, aclara que as prazas convocadas para médicos de familia son 106 e están dirixidas fundamentalmente aos novos MIR que acabarán nos vindeiros meses a súa formación. Perseguen o alcance de postos de difícil cobertura por, por exemplo, a ubicación. Sairán nunha Oferta Pública de Emprego (OPE) e daranse por concurso de méritos e non por oposición, como é habitual.

    Este es la plantilla de ECG
    12:44 h.

    Galicia pedirá que o illamento dos positivos baixe de sete a cinco días

      No caso de illamento das persoas que dan positivo en covid, a Xunta solicitará na Comisión Nacional de Saúde Pública que se reduza de sete a cinco días, sempre ao abeiro das evidencias científicas.

      Este es la plantilla de ECG
      12:42 h.

      Nos actos de entroido será obrigatorio o certificado covid e non se permitirá fumar

        O conselleiro alude ao Entroido. Recomenda prudencia e relata as medidas que deben seguir os concellos para os espazos nos que se celebren eventos: Accesos autorizados e sinalizados; aforamento do 100%; non se permitirá fumar; obrigatorio o certificado covid.

        Este es la plantilla de ECG
        12:32 h.

        Nos hospitais baixa a ocupación nas plantas e nas ucis

          O xerente do Sergas, José Flores Arias, recorda a afectación importante na Atención Primaria. Nos hospitais os casos son menos dos esperados. Os servizos de Urxencias manteñen as asistencias mesmo por baixo das cifras doutros anos. Descende o número de caso das persoas que se recuperan nos seus domicilios. Confirma a situación de meseta con tendencia á baixa. Ocupación covid hospitalaria do 8,1%, e do 9% nas unidades de uci, indo tamén en descenso.

          Este es la plantilla de ECG
          12:28 h.

          Máis Incidencia Acumulada nos nenos de menos de 11 anos

            A Incidencia Acumulada está conténdose nos grupos de poboación adulta e, polo contrario, é moi alta en nenos menores de 11 anos. isto obecede á vacinación. A área sanitaria máis afectada é a de Vigo e a de menos casos é a de Ferrol.

            Este es la plantilla de ECG
            12:26 h.

            O pico da sexta onda foi o 14 de xaneiro

              Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, indica que estamos en fase de estabilización. O pico da sexta onda foi o 14 de xaneiro. O valor máximo da Incidencia Acumulada a sete días foi o día 13 de xaneiro, e a IA a 14 días o día 20 de xaneiro.

              Este es la plantilla de ECG
              12:23 h.

              Volven os concertos e segue sendo obrigatorio o certificado covid

                A situación permite que volvan os concertos e espectáculos de pé co uso de máscaras. Porén, o certificado covid segue sendo obrigatorio durante todo o día na hostalaría e ocio nocturno.

                Este es la plantilla de ECG
                12:21 h.

                Elimínase o toque de non queda e a hostalaría e ocio nocturno recuperan horarios e barra

                  O 56% dos ingresos teñen como causa directa o covid. A Incidencia Acumulada está baixando. Hai unha alta porcentaxe de vacinación, de máis do 90%. A situación dos hospitais está contida. Por todo iso elimínanse as limitacións horarias, o toque de non queda. Recupérase a mobilidade de madrugada e os horarios na hostalaría (1 da madrugada e 1:30 horas nas fins de semana). Tamén o ocio nocturno recupera o horario anterior (4:00 horas e 5:00 as fins de semana). Mesas de 8 persoas en interior e 15 no exterior.

                  Este es la plantilla de ECG
                  12:10 h.

                  Empeza a comparecencia do conselleiro de Sanidade

                    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informa dos acordos adoptados na reunión do comité clínico celebrada este martes. Está acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fuentes Losada; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores Arias.

                    26 ene 2022 / 12:11
                    • Ver comentarios
                    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                    TEMAS
                    Tema marcado como favorito
                    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.