Xigantes e cabezudos enchen de cor as rúas de Compostela
As primeiras figuras, propiedade do Cabildo da Catedral, só saen ás rúas polo Apóstolo e as que desfilan agora datan do ano 1992

Os xigantes desfilando polas rúas da zona vella de Santiago nas Festas do Apóstolo de fai anos / Antonio Hernández
A refencia máis antiga sobre os xigantes data de 1508, aínda que hai máis coñecemento sobre as construídas entre 1653 e 1658 polo escultor Mateo de Prado, cuxo custo total ascendeu a 5.303 reais.
Fixo oito representando, por parellas, aos habitantes dos catro continentes que viñan en peregrinación ao santuario compostelán, Oceanía excluída entón por descoñecemento xeográfico. Os que desfilan na actualidade, propiedade do Cabildo da Catedral, son una réplica dos realizados na época barroca. Son obra de Cesar Lombera que os realizou en 1992, como súa tamén é a estatua das Marías na Alameda compostelá.
Seis deles miden algo máis de catro metros de altura, sendo as de maior dimensión, e as dúas restantes, as bautizadas como Coco e Coca, miden pouco máis de dous metros e medio de altura.
Sobre a súa estrutura cabe coñecer que se trata dun armazón de madeira e vimbio con zonas de almofada onde o porteador soporta o peso da figura. Esta armazón sostén na súa parte máis alta, a cabeza-pescozo e todo el vai cuberto cos vestidos e os seus complementos, cuxas mangas levan suxeitas as mans. Unha especie de rañura, na parte anterior, serve para que entre e saia dito porteador e lle permita ver o seu entorno para coodinar os movementos. De cando en vez, fanse paradas debido ao peso do mesmo, polo que se deixa verticalmente sostido polas patas do seu armazón.
A realización destas figuras supuxo o traballo de numerosos artesáns: carpinteiros; xoieiros (pendentes, broches, etc.); xastres; costureiras; bordadores; cordoeiros; perruqueiros (había que arranxalas continuamente porque as comían os ratos; etc). O importe de tales mantementos consta documentalmente nos Libros de Fábrica da Catedral e tamén os nomes de quenes os levaron a cabo.
A pesares de que durante moitos anos os xigantes acostumaban a participar en varias festividades catedralicias, na actualidade só se ven nas Festas do Apóstolo. Os días 24 e 25 de xullo, a partires das 12.00 horas. Dende fai pouco, saen da Casa do Deán (onde están expostos os días previos), na rúa do Vilar, e acércanse ás prazas da Platería e Quintana, para despois desfilar pola rúa Nova, praza do Toural e rúa do Vilar. Uníndose, ademais, aos cabezudos. Estas figuras fan referencia, segundo a tradición, a catro reis de pobos míticos que acudían tamén a Santiago, do mesmo modo que o facían os xigantes.
A historia dos cabezudos de Santiago remóntase ao século XIX, en concreto ao ano 1879, unha comparsa creada polo propio Concello, e que se fai ver polas rúas da zona vella tamén durante as Festas da Ascensión.
A xuntanza de cabezudos e xigantes é un dos eventos máis esperados polos composteláns e, sobre todo, polos máis cativos e o público familiar.
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson
- Crónica Social Compostelana | Concierto solidario para restaurar la Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo
- Investigan ayudas a clubes de Noia en el mandato de Santiago Freire
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia


