Dios Ke Te Crew está de volta co seu sinxelo ‘Déjà Vu’
O novo tema da banda de Ordes estrearase o 13 de decembro

Dios Ke Te Crew retorna co seu sinxelo ‘Déjà Vu’ / Cedida

Déjà Vu, así se titula o novo sinxelo de Dios Ke Te Crew, unha das bandas máis emblemáticas do hip hop galego. Un tema que se poderá escoitar a partir do 13 de decembro nas principais plataformas dixitais.
Este lanzamento –que será publicado co selo Raso Estudio e distribuido pola compañía Altafonte– marca o despegue dunha nova etapa da mítica formación de Ordes –conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock– coa que amplía o seu repertorio para ofrecer, de cara ao 2025, unha intensa e potente xira coa que percorrerán ducias de escenarios.
Déjà Vu trátase do primeiro tema que Dios Ke Te Crew lanza tras o EP En que ano estamos? (2022) e o álbum recompilatorio Tremendos Anos 20 (2023), o disco-fanzine publicado fai agora un ano con motivo da celebración das dúas décadas de traxectoria desta banda de Ordes. O sinxelo virá acompañado dun videoclip que contará coa sinatura do realizador Xaime Miranda.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- O ‘cohousing’, máis preto de despegar en Santiago con 30 vivendas: «Parecía un soño, pero é real»
- Crónica de una hora de rescate: así vivieron los inquilinos el incendio en el edificio de Pontepedriña