BARÓMETRO
A cultura galega vive un "crecemento moderado"
Así o reflicte o 'Barómetro da cultura galega 2024', que foi presentado este martes en Santiago de Compostela na sede do Consello da Cultura Galega

As actividades relacionadas co patrimonio cultural foron das que tiveron un ano positivo / Jesús Prieto

“2024 foi un ano de crecemento moderado para a cultura galega”. Esta é a conclusión á que chega o Barómetro da cultura galega 2024, o cal foi presentado este martes en Santiago de Compostela, na sede do Consello da Cultura Galega, pola presidenta desta institución que elabora este estudo desde o ano 2021, Rosario Álvarez, e o responsable do barómetro, Håkan Casares.

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o responsable do 'Barómetro da cultura galega 2024', Håkan Casares / Rodrigo Paz
O estudo, que recolleu datos de 976 empresas, profesionais, departamentos de cultura das administracións públicas e entidades culturais do terceiro sector entre o 20 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2025, destaca que o 39% das entidades enquisadas “tiveron un 2024 mellor que o ano anterior”, mentres que o 21% asegura que “lle foi peor”.
Estudo por sectores
O barómetro establece que entre as entidades que tiveron un “ano positivo” atópanse os museos, aquelas organizacións que desenvolven actividades relacionadas co patrimonio cultural, a educación cultural, os departamentos de cultura das administracións; e, con algo de distancia, as artes gráficas, as bibliotecas e arquivos, a música e o audiovisual. Tamén na parte positiva se sitúan o teatro, a danza, os espectáculos e as actividades auxiliares das artes escénicas. Pola contra, no plano negativo, están as artes visuais e o comercio de libros.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado