Gala i Ovidio desvela un novo sinxelo do seu segundo traballo discográfico
O dúo musical composto pola ribeirense Aida Tarrío e o barcelonés Raül Refree lanza ‘No puedo’

A ribeirense Aida Tarrío e o barcelonés Raül Refree, membros de Gala i Ovidio / Pol González Novell

Tras o lanzamento do seu primeiro EP, Un final, Gala i Ovidio, o proxecto musical no que se atopan inmersos a ribeirense Aida Tarrío e o barcelonés Raül Refree, desvela No puedo, un novo sinxelo que formará parte do segundo traballo discográfico deste dúo musical, o cal se espera ver completado a principios do vindeiro mes de maio.
Así, Gala i Ovidio achega unha canción íntima e profunda que xa se pode escoitar nas diferentes plataformas dixitais e mostra, segundo os artistas, "unha nova cara compositiva".
Sen elementos rítmicos, espida e tremorosa, esta peza, anuncia o grupo, "narra a imposibilidade de materializar un desexo palpitante". Ademais, por primeira vez na curta traxectoria da banda, o piano de cola toma o protagonismo sobre a electrónica para "acompañar á voz profunda dunha forma moi emocionante na paixón non consumada".
No puedo acaba cunha preciosa sección instrumental onde se oen unha risa de lonxe e o son dun proxector de cinema, porque, como sinalan os membros de Gala i Ovidio, "mesmo nos momentos máis complicados podemos lembrar os momentos felices da nosa memoria".
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- La ola de robos señala por error a una repartidora en Teo: 'Por favor, non me insultedes cando me vexades