Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Achega de tres millóns de euros aos equipos galegos de alta competición

Benefícianse un total de 209 conxuntos do Plan de Patrocinio Publicitario da Xunta

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte. Foto: efe

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte. Foto: efe / ANDREA OCASantiago

ANDREA OCA

Santiago

Santiago. A Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a resolución definitiva da segunda fase do undécimo Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia relativo ao exercicio de 2020. Esta segunda fase do plan vai dirixida ás entidades galegas que contan con equipos que competiron en modalidades ou especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta ou sénior ou previa á absoluta onde as xornadas da súa competición se desenvolveron integramente no ano 2020. A contía destinada para esta segunda fase do plan alcanza os 931.700 euros grazas á colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA, patrocinador oficial do plan.

Nesta segunda fase do plan, o orzamento da Xunta de Galicia vén incrementado por unha achega dende a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Ao abeiro desta segunda fase foron beneficiados 115 equipos (48 femininos, 65 masculinos e 2 mixtos). Estes 115 equipos súmanse aos 94 da primeira fase, 50 dos cales foron conxuntos femininos.

Resolta a segunda fase, o orzamento total é máis de 3 millóns de euros (3.000.800 euros). Ademais, os equipos beneficiados representan 27 modalidades e 37 especialidades deportivas.

En 2019 o Plan de Patrocinio Publicitario beneficiou a un total de 191 equipos en toda Galicia sendo 100 equipos masculinos, 85 femininos e 6 mixtos. Tanto o orzamento total do plan, o número de equipos subvencionados e o número de equipos femininos experimentan un incremento constante desde a primeira edición, no 2009. ECG

Tracking Pixel Contents