Riazor albergará o sorteo da Copa das Rexións UEFA no descanso do Depor-Celta B

Imagen compartida por el Victoria FC anunciando sus convocadas

Imagen compartida por el Victoria FC anunciando sus convocadas / V.Álvarez

Riazor marcará o camiño da Selección Galega. Toca activar a conta atrás para unha cita histórica para o fútbol galego e o primeiro será coñecer aos rivais. O coliseo herculino albergará, o próximo domingo 26 de marzo, o sorteo da fase final da Copa das Rexións da UEFA, un evento que terá lugar no propio céspede do campo durante o descanso do derbi entre o RC Deportivo e o RC Celta B, partido que dará comezo ás 19.00 horas. Esta fase final da Copa das Rexións da UEFA celebrarase en Galicia entre o 9 e o 17 de xuño, e na cita participarán os oito gañadores da fase intermedia, entre eles, os campións de España e anfitrións da fase final, o conxunto da Selección Galega. Neste sorteo, os equipos dividiranse en dous grupos de catro, sen cabezas de serie, e os gañadores de cada grupo enfrontaranse directamente na final. Ata Galicia desprazarase nos próximos días unha delegación da UEFA, para continuar supervisando todos os detalles dos campos que albergarán a competición e para participar no propio sorteo. Nesta fase final da Copa das Rexións UEFA competirán polo título un total de oito equipos: Bavaria (Alemaña), Belgrado (Serbia), Dolnośląski (Polonia, co vixente campión), Galicia (España, anfitrión), Lisboa (Portugal), República de Irlanda amateur, Zenica-Doboj (Bosnia e Herzegobina) e Zlín (República Checa).