Os mellores atletas galegos máster acuden ós mundiais indoor con altas expectativas

Nomes como o da compostelana Esther Pedrosa ou Juan Manuel Morales formarán parte dos dezanove elixidos para competir // Galicia estará nos nacionais de Córdoba e Burjassot

Esther Pedrosa participará nas probas de 800 m, 1500 m, 5.000 m e cros na categoría F60 en Torun / FGA

Esther Pedrosa participará nas probas de 800 m, 1500 m, 5.000 m e cros na categoría F60 en Torun / FGA / André Couce

Ata dazanove atletas galegos e galegas da categoría máster viaxarán ata a localidade polaca de Torun para participar no Campionato do Mundo de pista cuberta, que se desenvolverá entre os días 26 de marzo e o 1 de abril.

Entre a relación de inscritas destaca a presenza da plusmarquista e bicampioa mundial Esther Pedrosa, que estará tomando parte sobre as probas de 800 m, 1500 m, 5.000 m e cros na categoría F60.

Xunto a atleta compostelán viaxará tamén outro bicampión mundial de aire libre M40, o marchador do Marineda Atlético, Juan Manuel Morales, que aspira a dous novos títulos mundiais. Do mesmo club estará na línea de saída dos 60 valos o campión de Europa do ano 2018, Miguel López Cordal, competindo na categoría M65.

Nacionais de Burjassot e Córdoba.

Dúas novas citas de rango estatal serán as que esta fin de semana agarden a galegas e galegos, sendo a primeira das mesmas a que terá lugar na cidade levantina de Burjassot, ata onde irán un total de doce atletas.

Entre a relación de participantes no Campionato de España de 10.000 m e de 5.000 m destaca a presenza das flamantes internacionais e campioas de España de campo a través nas categorías absoluta e Sub18 Edymar Brea e Xela Martínez, quenes aspiran a reeditar en pista a excelente campaña efectuada a nivel invernal. A internacional Ester Navarrete tamén estará nesta edición.

A nada menos que campioa de Europa de cros por equipos en Turín, Antía Castro, será outra das que tome parte nos 10.000 sub 23, ao igual que Hugo García, do Celta, na categoría masculina. O medallista de bronce nacional Sub18 de campo a través, Teo de Fruto,s do Lucus, estará tomando parte nos 5.000 m sub 18 xunto a Asheber Díaz, do Real Club Celta. Completan a relación de galegas nesta categoría Amparo Corredoira e Miguel Alvariño, da Atlética Lucense.

Por último, presenza da campioa galega de cros sub 20 Isabel Caeiro, da Gimnástica, xunto á cal estarán os campións galegos da mesma categoría en pista cuberta Mateo Rodríguez, do Celta, e Iván Rego, do Lucus.

As internacionais Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra e a estradense Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, serán as abandeiradas galegas no campionato de España dos 20 km que se disputará en Córdoba o vindeiro 26 de marzo. Tanto para a mundialista en Omán do ano pasado, como para a pontevedresa, bronce europeo Sub23, esta será un dos primeiros test importantes desta tempada.