Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Teresa Portela falará do paralelismo entre deporte e empresa no pazo de Bendaña

O acto organizado por Fisela e S4 este venres terá un coloquio con María Pais e Esther Pedrosa

Teresa Portela durante unha competición olímpica / e.s.

Teresa Portela durante unha competición olímpica / e.s. / víctor furelos

Víctor Furelos

Víctor Furelos

Santiago

A empresa compostelá Fisela, que leva máis de 40 anos ofrecendo asesoramento e servizos xurídicos a máis de 750 clientes, vén de crear o departamento de Xestión de Riscos, polo que este venres 19 de maio terá lugar o evento Afterwork. Teresa Portela: Descubrindo o camiño do éxito, realizado en colaboración cos seus socios S4 Correduría de Seguros.

O acto, que comezará ás seis e media da tarde coa recepción dos asistentes no Pazo de Bendaña (sede da Fundación Granell), correrá a cargo do xornalista deportivo Carlos Macía. Ás 19.10 horas comezará a charla da subcampioa olímpica de piragüismo e embaixadora S4, Teresa Portela, e sobre as oito da tarde terá lugar un coloquio coa participación da concelleira Esther Pedrosa e a presidenta da Cámara de Comercio santiaguesa, María Pais. Tras o agradecemento, os asistentes poderán gozar dun momento de degustación e espazo de networking

Nesta ocasión achégase á capital galega unha muller de éxito, Teresa Portela, piragüista olímpica que participou en seis Xogos Olímpicos, entre 2000 e 2020, conseguindo unha medalla de prata en Tokio 2020 e converténdose na primeira española en competir en seis edicións dos xogos e que aínda aspira a participar en París 2024. Ademáis, conseguiu 16 medallas no campionato do mundo de piragüismo e 17 medallas no campionato de Europa.

Teresa Portela é embaixadora de S4 Correduría de Seguros e achegará neste acto as claves do éxito nun perfecto paralelismo entre deporte e empresa.

Pola súa banda, no coloquio participará María Pais, empresaria e primeira presidenta da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que accede a este cargo despois de máis dunha década formando parte do equipo do Grupo Quatrium, do que agora é a xerente. Estudou nas universidades de Santiago e Barcelona e completou o seu currículo académico con formación en economía e corretaxe inmobiliaria, e mercadotecnia e vendas. Como xerente do Grupo Quatrium, xestiona un cadro de persoal de máis de cen persoas, repartidas entre a súa sede en Compostela, as seis delegacións en España (Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga e Alacante) e unha oficina en Portugal.

No coloquio tamén estará Esther Pedrosa. Concelleira de Deportes de Santiago, foi campioa de España en 1986 na modalidade Carreira de Fondo (20 km) e conta con numerosos podios. Segue a competir en categoría Máster e alcanza éxitos como o de campioa do mundo en 1500 metros e subcampioa nas distancias 3K e 5K.

Tracking Pixel Contents