A Copa 5x5 Deputación da Coruña de Balonmán na Rúa vivirá a súa gran final en Camariñas

A Copa está formada por un total de seis probas clasificatorias e unha fina

Chega a gran final da Copa 5x5 Deputación da Coruña – Balonmán na Rúa, un proxecto dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos que puideron achegarse ao balonmán dunha forma lúdica e deportiva. Os días 19 e 20 de maio celebrarase en Camariñas (Praza de Abastos) a Fase Final desta competición, na que participarán os vencedores das seis probas clasificatorias nas categorías alevín e benxamín.

A Copa 5x5 Deputación da Coruña está formada por un total de seis probas clasificatorias e unha final. A competición arrincou en Carballo a comezos de febreiro e posteriormente desprazouse a Cerceda, Culleredo, Pontedeume, Ribeira e Ferrol.

Nestes lugares dispúxose un estadio de minibalonmán ó aire libre, con bancadas dende as que as familias podían gozar vendo en acción aos máis pequenos. A Federación Galega de Balonmán, da man da Deputación da Coruña, contactou cos centros escolares das diferentes localidades, nos que se impartiron sesións de promoción do balonmán e se presentou esta competición, na que podían inscribirse de forma gratuíta.