A Cidade da Cultura énchese hoxe de cores cos carreira Holi Gaiás

Imaxe da carreira Holi Gaiás na edición do ano pasado / c.c.

Imaxe da carreira Holi Gaiás na edición do ano pasado / c.c. / v.f.

A Cidade da Cultura acolle mañá sábado a quinta edición da Holi Gaiás con 700 persoas inscritas. A carreira celébrase nos exteriores do complexo cun percorrido de 5 quilómetros nos que a poeira de cores volverá ser a protagonista deste evento lúdico deportivo. O inicio producirase ás 12:00 horas na Praza central do Gaiás onde se ubica o arco de saída e a liña de meta. Contará coa presenza da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e a directora de Comunicación de Viaqua, Sonia Delpont. As persoas participantes poderán sumarse a un quecemento previo dirixido ao ritmo da música. Tamén continuará a festa con monitores de Zumba finalizado o percorrido.

Organizada pola Xunta de Galicia, a Holi Gaiás conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Gadis e Coca Cola. Trátase dunha carreira sen espírito competitivo, artellada co ánimo de que os participantes de todas as idades e condicións o pasen ben. Aínda así, haberá premios para as mellores clasificacións das distintas categorías.