O Bono Deporte alcanza a 246 clubes galegos, a través dos que suman máis de 6.000 operacións
Tamén conta con 456 comercios adheridos, achegando en total uns 5,6 millóns de euros a máis de 100.000 nenos da comunidade
O Club Baloncesto Salesianos recibiu a visita do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa

Visita de José Ramón Lete Lasa ao Club Baloncesto Salesianos no pavillón Colexio María Auxiliadora / CEDIDA

O Bono Deporte ampliou este ano a súa influencia ao permitir o seu uso, ademais de nos comercios, nos clubes de toda Galicia. No momento actual, preto 106.000 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos federados ou inscritos no Xogade xa teñen descargado o seu Bono Deporte cun gasto total de, entre todas as actuacións realizadas, preto de 5,6 millóns de euros. Galicia conta con 456 comercios adheridos que realizaron máis de 50.000 operacións e, por outra banda, contabilízanse 246 clubes.
Cabe destacar a importante suma de clubes que se están vendo potenciados por esta iniciativa, pois ata este ano o Bono Deporte só se podía utilizar nos comercios. A incorporación das entidades deportivas tamén está tendo un gran impacto positivo nos beneficiarios do bono, pois xa se contabilizan máis de 6.000 operacións cos clubes.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este xoves o pavillón do Colexio María Auxiliadora para acompañar aos rapaces e rapazas nos adestramentos do Club Baloncesto Salesianos como club adherido ao Bono Deporte. O Club Salesianos é un dos clubes olívicos máis activos con 233 operacións xa realizadas dentro da campaña do Bono Deporte e que supuxeron un gasto de 34.850 euros. A entidade conta cunha sección de baloncesto -310 xogadores federados e unha escola deportiva con 40 nenos e nenas- e outra de fútbol sala -55 xogadores-. O total de rapaces e rapazas entre 6 e 16 anos federados no club é de 300, polo que en tan só dez días de campaña do Bono Deporte, o 78% dos xogadores 6-16 do Club Salesianos utilizaron o bono para pagar a cota do club.
Lete Lasa destacou o traballo realizado polo Club Baloncesto Salesianos, que está a experimentar unha expansión do seu número de licenzas, sendo xa o terceiro club de baloncesto en toda Galicia. Neste aumento da participación destaca o incremento das licenzas femininas xa que actualmente o club conta con máis nenas que nenos e rendendo a gran nivel, como demostra que todas as categorías inferiores femininas están xogando na súa correspondente primeira división. O mandatario galego fixo referencia ao lema do club -’Baloncesto para todos’- e uniu a súa filosofía “coa política deportiva da Xunta de Galicia que conta no seu Plan Galicia Saudable co lema de ‘Deporte para todos’”.
“Este é o obxectivo do Bono Deporte que ten por finalidade axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos en nenas de 6 a 16 anos federados ou do programa Xogade”. Cada neno ou nena recibe 120 euros para a adquisición de material e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas, tratándose dun desconto do 80% nos gastos ata chegar a eses 120 euros para cada caso.
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo