Amador Pena e Isabel Sixto gañan a Carreira Popular do Pino, con preto de 500 corredores
A SD Compostela impúxose na clasificación por equipos e o Club Atletismo O Pino foi o que aportou máis atletas nunha competición na que houbo participantes de todas as idades

O podio masculino e feminino da Carreira Pedestre Popular do Concello do Pino / Alicentis

Amador Pena, da SD Compostela, volveu proclamarse campión da Carreira Pedestre Popular do Pino ao percorrer os oito quilómetros da categoría absoluta nun tempo de 28:15, repetindo deste xeito o triunfo do ano pasado. Na categoría feminina a máis rápida foi Isabel Sixto Tato, de C.A. La Blanca, que tardou catro minutos máis en cruzar a meta (32:36). Preto de 500 atletas de todas as idades participaron este domingo nesta carreira popular que organizou o Concello do Pino.
Na proba absoluta tomaron a saída algo máis de 200 atletas maiores de 18 anos. Amador Pena (28:15), Martín Lestido (28:20), do C.A. Sar, e Alberto Mariño (28:21), da SD Compostela, foron os máis rápidos dunha proba de oito quilómetros de percorrido. Na categoría feminina, por detrás de Isa Sixto (32:36), cruzaron a liña de meta Soledad Leiro (33:19), da S.D. Compostela, e a peregrina holandesa Catijn Schierbeek (33:23), que está facendo o Camiño de Santiago e decidiu participar nesta proba popular.
Na clasificación por equipos, a SD Compostela levou o primeiro premio con 79 puntos, ao colocar a seis atletas entre os 24 primeiros clasificados; seguido do Nosportlimit (114 puntos) e do Club Atletismo Sar (146). O Club Atletismo O Pino contou cunha numerosa representación nas diferentes categorías, polo que levou o premio ao club máis numeroso nesta proba.
Moitas persoas achegaronse ata a praza de Forcarei para animar aos corredores das diferentes categorías nunha mañá moi animada. O alcalde, Manuel Taboada; o concelleiro de Deportes, Borja Castro; concelleiros do goberno local e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, así como representantes do C.A. O Pino entregaron os premios aos gañadores das diferentes categorías.
As principais clasificacións quedaron do seguinte xeito:
Sub-18: Daniel Maneiro, Adrián Sesar e Iago Mateos; Aiala García, Carmen Pérez e Lorena Pegito.
Sub-16: Alex Carrasco, Diego Amoite e Xabi Camba; Carmen Paz, Lucía Taboada e Icía Castro. Carmen Pérez e Samuel Santos foron os mellores atletas locais nestas categorías.
Sub-14: Brais Rendo, Marcos Barcala e Xoel Otero; Judit Barros, Xoana Rodil e Cayetana García. Xoel Otero e Ana Mecías foron os mellores do Pino.
Sub-12: Xabier Rodil, Gabriel Nogueira e Nicolas Amado; Julia Fagilde, Icia López e Carla Suárez. Os mellores do Pino foron Martín García e Idaira Flores.
Sub-10: Alex Pena, Isma Barros e Nico Camino; Celia Mella, Mireia Díaz e Nagore Villar. Mellores de O Pino: Mario Mera e Claudia Fernández.
Sub-8: Luca Ramos, Breixo Barcala e Román Lemos; Celtia López, Paula Campos e Lúa García. Mellores de O Pino: Román Lemos e Alina Raskin.
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
