'Quérote Compos'
O Compos plantéxase un novo reto: alcanzar os 3.000 abonados
O club lanzou unha campaña de media tempada que inclúe os nove partidos no Vero Boquete da segunda volta e o último deste ano, o vindeiro domingo ante o Real Ávila | Actualmente cóntase con 2.780 socios

Ambientazo en el Vero Boquete en el partido de Copa del Rey / Antonio Hernández

Co obxectivo de chegar aos 3.000 abonados, a SD Compostelalanza xa a Campaña de Abonos de Media Tempada. Esta oferta especial de “Quérote Compos” segue a liña da lanzada en verán e destaca polos seus prezos, así como por incluír 10 partidos (os nove da segunda volta e o último da primeira). As condicións exclusivas teñen como obxectivo seguir incrementando as cifras de récord, que actualmente sitúan o número de socios en 2.780.
Os abonos xa se poden realizar, coma sempre, na tenda oficial e na oficina do clube de forma presencial, e vía online na web do equipo..
Desde a SD Compostela animan a todas aquelas persoas que aínda non se abonaron a facelo agora, aproveitando a campaña. "O apoio da afección foi fundamental nesta primeira volta para recuperar os bos resultados. Ademais, xuntos vivimos grandes noites, como a da Copa do Rei. con 7.400 persoas no Vero Boquete», sinalan dende a entidade.
O abono do Compos inclúe un desconto do 20% na compra de entradas para cada partido, a reserva de asento gratuíta, descontos do 10% en todo o merchandising e acceso aos partidos do Xuvenil A que milita na División de Honra, máxima categoría do fútbol xuvenil nacional.
Un dato relevante para os interesados en facerse socio a partir de agora é que de facelo antes do 15 de decembro, poderán gozar do último encontro da primeira volta,que tamén será o último do ano en San Lázaro, contra o Real Ávila na 16ª xornada. Promete ser un partido de altas emocións contra o que actualmente é terceiro clasificado do grupo por detrás de Numancia e Pontevedra.
Do mesmo xeito que na primeira volta, o carné físico ( que se entregasna oficina ou na tenda), que se acompaña do agasallo da camiseta da campaña “Quérote Compos”, ten un custo de 10€.
Estas condicións especiais son posibles grazas ao apoio dos patrocinadores da Campaña de Abonos: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, Abanca, Centro Comercial As Cancelas e Plexus Tech.
Prezos desglosados
Os prezos para darse de alta coma socio de Compos nesta oferta especial divídense en cinco categorías, sendo a primeira gratuíta para os menores de 16 anos.
De ahí ata os 30 anos hai dúas modalidades: coa xeral o prezo é de 40 euros, mentras presentando o Carné Xove habería unha rebaixa considerable que deixaría o custo en só 10 euros.
Os que máis pagarían serían os novos abonados cunha idade entre 31 e 65 anos, que pagarán 80 euros. A partir dos 65, cun novo desconto, o prezo queda en 70 euros.
Dende a entidade destacan que para que se apliquen os prezos especiais do Carné Xove non haberá necesidade de cumprir un mínimo de partidos, podendo asistir aos que cada socio considere sen ter que pagar máis.
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Venden en cuatro horas 320 entradas para recibir el año en el pabellón de Bertamiráns
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño


