Adrián Ben e Alice Finot correrán na 10.000 Peregrinos en Santiago
A cita que se vivirá nas rúas de Santiago de Compostela o vindeiro 5 de abril foi presentada este xoves e contará con probas de 10k, 5k, 2k escolar e unha andaina de 5 quilómetros

Desde a esquerda, Ezequiel Mosquera, Iván Sanmartín, Valentín González e Pilar Lueiro / EME Sports

Esta mañán, o Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación da terceira edición de Os 10.000 Peregrinos, a cita co atletismo que se desenrolará polas rúas de Santiago de Compostela o vindeiro 5 de abril. A carreira chega a súa terceira edición e mantén as inscricións abertas para calquera das modalidades existentes: 10k, 5k, 2k para escolares, e tamén a andaina de 5 quilómetros.
A proba contará coa presenza da vencedora da pasada edición, a francesa afincada en Vigo Alice Finot. A campiona de Europa do 3.000 obstáculos, récord Europa desa distancia e cuarta clasificada nos Xogos Olímpicos de París estará na liña de saída para revalidar victoria. Tamén o fará Adrián Ben, que logo de participar na primeira edición, competirá en Santiago á volta da China, onde desputa o Mundial de pista cuberta na distancia de 1.500 m. Outro dos favoritos será o actual Campión de España de cross Yahya Aouina.
Na presentación estivo presente o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que subliñou as particularidades que fan especial esta proba, que se «desenvolve nunha das cidades máis bonitas do mundo» e «mistura primeiras figuras do atletismo mundial con familias» e corredores afecionados.
Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo, pola súa banda, asegurou que esta disciplina «está no seu mellor momento en décadas» en Galicia, algo que evidencian os resultados nas competicións e o «récord de licencias en 2024». «Probas así son un relfexo para categorías inferiores. Hai poucas probas onde poder ver estas estrelas. É un privilexio vendo o cartel de atletas que imos ter», engadiu Sanmartín, que explicou que o obxectivo é chegar a 2.500 participantes.
O presidente da Federación Galega de Atletismo agradeceu á implicación nesta proba ao Concello de Santiago, representado por Pilar Lueiro, a EME Sports, con Ezequiel Mosquera á cabeza, e á Deputación da Coruña, así como ao voluntariado.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
