Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago aplaude ó mundo do deporte nunha gala con momentos moi emotivos

Quico Fernández Otero levou o premio honorífico

Houbo mencións para Andrés Viqueira e Caneda

Destacouse o labor de Borja Iglesias, Esther Pedrosa, Alejandra Neira e Iván Gutiérrez

Hockey Raxoi foi o mellor club

Víctor Furelos

Víctor Furelos

Santiago

Os VII Premios Santiago Deporte celebraron este luns na sala Mozart do Auditorio de Galicia a súa gran gala para entregar os galardóns desta edición, cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2023/24 ou no ano 2024 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.

A gala, que comenzou coa proxección dun video xenérico, foi presentada por Pablo Ríos, quen deu paso á concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, encargada de pronunciar o discurso de benvida.

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte / Jesús Prieto

Arrancou a entrega de premios cos recoñecementos outorgados a Protección Civil e Policía Local que foron entregados pola alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, a Begoña del Río e ó inspector Jesús Pérez.

Os primeiros compases da gala estiveron cargados de emoción. Pilar Lueiro entregaba as mencións especiais que o xurado considerou de xustiza conceder a José María Caneda, a título póstumo, e a Andrés Viqueira. O diploma ó expresidente do Compostela recolleuno Quico Fernández Otero, mentras que o propio dirixente do Fátima recibiu o seu entre aplausos.

No primeiro bloque das entregas o protagonismo foi para o patrocinio deportivo de Limpiezas Salgado, representado no acto por Ramón Salgado, quen recolleu o premio pola súa colaboración co Obradoiro desde 2013 e con varios proxectos de carácter social da cidade de mans de Daniel Otero, director da Cadena Cope en Galicia e Asturias, e de Víctor Furelos, xefe de Deportes de EL CORREO GALLEGO.

De seguido Ramón Castro, de Onda Cero, e Manuel Reigosa, de La Voz entregaron a Adrián Dios o premio a mellor actividade ou acción social para a ADB Fontiñas por promover os valores de igualdade, respecto e integración ó sumar ós seus adestramentos a mozos de Mali e Senegal refuxiados en Santiago.

A amplia oferta educativa do San José de Cluny tamén tivo presencia na gala ó ser destacada como entidade educativa. Ángela Mosquera, directora adxunta de Radio Líder, e Yuri Carrazoni, subdirectora de Nós Diario, fixeron entrega do galardón a María del Pilar Taboada, directora pedagóxica do colexio santiagués.

O primeiro bloque rematou coa distinción ó Hockey Club Raxoi como entidade deportiva máis destacada despois de acadar o ascenso á máxima categoría nacional co seu equipo feminino, co que ademáis foi subcampión da Copa Princesa. O presidente do club, Miguel Rodríguez, e a capitá do equipo, Lucía Yáñez, recibiron o premio a mans de María del Mar García Vidal, deputada da Deputación da Coruña.

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte / Jesús Prieto

O segundo bloque foi o máis breve xa que abrangueu só o correspondente a adestrador, que foi para María Fernández Cañabate polo seu labor no Ximnasia Rítmica Compostela, entregado por Juan Carlos Argüello, xefe do servicio de Programación Deportiva e Deporte en Idade Escolar da Xunta, e o premio ó mellor árbitro que Judith Trasancos, despois de 25 anos como oficial de mesa de baloncesto recibiu de Javier Rico, delegado do reitor da USC para o Deporte.

No último bloque concentráronse os galardóns individuais máis destacados, sen desmerecer ós anteriores. Gonzalo Muiños, portavoz municipal do grupo socialista, fixo entrega a Emilio Agüera, do premio correspondente ó deporte adaptado despois de que o triatleta do Santiago Inforhouse acadara o título de campión de España de Duatlon clase PTWC.

Chegou despois o turno dunha das maiores promesas do deporte compostelán, Alejandra Neira, campioa de España cadete en ruta e contra reloxo e membro da selección española junior, quen foi distinguida no apartado de deportistas de base recibindo o premio de mans de Borja Verea, portavoz do grupo municipal do PP. No capítulo masculino o galardón foi para Iván Gutiérrez, bronce no Campionato de España individual de ximnasia rítmica e bronce tamén en ximnasia acrobática parella mixta alevín. Foi Miriam Louzao, portavoz do grupo municipal do BNG quen entregou a medalla e o diploma.

Os mellores

Chegou o momento de que subiran ó escenario os mellores deportistas santiagueses do ano. María Rozas, portavoz do grupo municipal de Compostela Aberta, entregou o premio a Maite Quintás que acudiu en nome do seu fillo, Borja Iglesias, na actualidade xogador do Celta e que na campaña pasada foi campión da Bundesliga nas filas do Bayern Leverkusen. É o único xogador do Celta que participou neste tempada en todos os partidos de Liga.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, foi a encargada de recoñecer ó traballo de quen ademáis de ser a súa antecesora no cargo é unha das deportistas máis destacadas de Santiago en toda á súa historia. O xurado quixo recoñecer á incombustible Esther Pedrosa, cun palmarés que segue a encher de éxitos ós seus 64 anos. No 2024 acadou a medalla de bronce nos Mundiais de atletismo celebrados en Goteborg en 1.500, 3.000 e cross, ademáis de gañar o título nacional na milla e os 10.000 metros na categoría F60.

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte / Jesús Prieto

E para rematar a gala a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, premiou a Quico Fernández Otero polo seu labor a prol do deporte na cidade tanto desde a SD Vista Alegre como na súa actividade ó longo de case dúas décadas ó frente da delegación da Federación Galega de Fútbol en Santiago. No seu discurso foi interrumpido polos aplausos de quenes desde as suas butacas da sala Mozart do Auditorio de Galicia recoñecían a xustiza deste premio.

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte

Gala e premiados dos VII Premios Santiago Deporte / Jesús Prieto

Rematando co acto, Quico Fernández aproveitou a súa intervención para pedir aos asistentes «un aplauso tan forte que o escoite Caneda no ceo». Goretti Sanmartín, pola súa parte, destacou «o que supón o deporte para a comunidade» amosándose leda por volver a «unha gala que é emblema de Santiago», todo tras facer unha reseña especial de cada un dos premiados.

Tracking Pixel Contents