Críticas ao estado do campo de fútbol de Conxo por parte do PP de Santiago
O concelleiro José Ramón de la Fuente describe como «deplorable» a situación da instalación, dos seus vestiarios e o da iluminación

GALERÍA: Críticas ao estado do campo de fútbol de Conxo por parte do PP de Santiago / Partido Popular de Santiago

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denuncia a «deplorable» situación do campo de fútbol da Mercé de Conxo, afirmando que conta cuns vestiarios nun estado «impresentable» para unha instalación situada na capital de Galicia e por onde pasan, cada día, centos de deportistas e, cada fin de semana, o usan moitos rapaces e rapazas que chegan doutras localidades e que marchan cunha imaxe lastimosa das mesmas.
«Os equipos de Santiago senten vergoña diante dos equipos doutras poboacións que visitan o campo de fútbol que, ao chegar, comproban, incrédulos, o estado das instalacións, que a parte de estar en malas condicións, tamén son insuficientes, inaccesibles e inseguras, impropias dunha cidade como Santiago», afirmou.
O popular denunciou que «os pratos de ducha, os urinarios e os inodoros atópanse nunha situación impropia do século que vivimos e, a maiores, hai varias semanas que se caeu parte do teito dos vestiarios que, por puro azar, non causou danos persoais, e a día de hoxe, non está reparado».
«Así mesmo, o sistema de auga quente é antigo e insuficiente para atender a actual demanda, polo que os xogadores e as xogadoras teñen que ducharse habitualmente en auga fría. Case a diario, se atascan as tubarías de saneamento, impedindo o desaugue dos inodoros e inundando os propios vestiarios», engadía.
De la Fuente insistiu en que «nin a instalación, nin o acceso ao campo, nin ningunha das súas dependencias garanten o paso a persoas con mobilidade reducida, resulta imposible moverse pola instalación en cadeira de rodas. Por outra banda, as luminarias que recorren o camiño ao campo están, literalmente, atornilladas ás árbores e os cables eléctricos que as alimentan saltan de árbore en árbore sen ningún tipo de seguridade».
De la Fuente explicou que, a pesar do estado descrito, «o goberno local non contemplou ningunha partida orzamentaria para intervir nas instalacións do campo de fútbol de Conxo, polo que non cabe esperar unha actuación a curto prazo, o que constata o escaso interese do BNG pola situación do deporte na cidade, a pesar de que anunciaron, ao comezo do seu mandato, un plan de mantemento de infraestruturas deportivas. A día de hoxe, non fixeron nada».
«Sexa porque non sabe ou porque non quere, o certo é que o goberno local non acaba de tomarse en serio os graves problemas no eido do deporte, o mesmo dá que falemos da falta de infraestruturas, que do mal estado das instalación ou das condicións laborais do persoal que traballa nas mesmas», finalizou.
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?
