David de la Fuente e Uxía Pérez gañan a Carreira Pedestre de Frades
A proba rexistrou a maior participación da súa historia con 590 atletas, superando en 122 a do ano pasado | O tempo acompañou e os tempos non se viron afectados

Imaxe dos campións absolutos xuntos no podio / Nós Comunicación

Os atletas David de la Fuente Gómez (Club Deportivo Pinarium) e Uxía Pérez Bugarín (Atletismo Feminino Celta) foron os gañadores da décima edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, celebrada este xoves na contorna de Ponte Carreira e que rexistrou a maior participación da súa historia: 590 atletas dos 718 inscritos inicialmente. Unha cifra que supón superar en 122 corredores a anterior marca.
Un ano máis, e pese ás fortes choivas rexistradas o mércores, o tempo acompañou durante toda a mañá. Isto permitiu que todas as probas se desenvolveran con normalidade e que os tempos dos gañadores e gañadoras foran moi semellantes aos da edición anterior.
Así, David de la Fuente Gómez atravesaba a liña de meta de Ponte Carreira cun tempo de 25 minutos e 44 segundos, rebaixando en so 3 segundos a marca do gañador da edición anterior. O campión sacoulle dez segundos ao eritreo Serbessa Workneh Fikire, do Atletismo Narón, quen estivo encabezando a proba ata os últimos quilómetros. Completou o podio Pablo Otero Fariña, tamén do Atletismo Narón, cun tempo de 26 minutos e 15 segundos.
Outro que tamén baixou un chanzo no podio foi o cuarto clasificado, Hugo García Souto (Club Atletismo Portugalete), cun tempo de 27 minutos e 4 segundos. E o gañador da edición 2024, Jorge Puig Malvar, chegou en quinta posición cun tempo de 27 minutos e 51 segundos, perdendo máis de 2 minutos con respecto á súa marca o ano pasado.
Na proba feminina, Uxía Pérez Bugarín, do Atletismo Feminino Celta, repetiu vitoria cun tempo de 30 minutos e 57 segundos, rebaixando en seis segundos a súa marca do ano pasado. A atleta tudense volveu impoñerse con autoridade en Frades, entrando no posto 17 da clasificación xeral.
O segundo chanzo do podio ocupouno unha debutante, Lamyae Himi, do Atletismo Narón, cun tempo de 32 minutos e 37 segundos. Mullunesh Marina Porteiro de Loño, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, foi terceira, cun tempo de 33 minutos e 10 segundos.
Completaron a premiación dúas atletas da SD Compostela Atletismo: Elena Veres Ojea (que repetiu posto con respecto ao ano pasado) e Julia Vaquero Sousa. A famosa atleta nada en Francia, pero residente na Guarda, causou sensación ao correr por primeira vez a proba de Frades e foron moitos e moitas as persoas, tanto crianzas como adultas, que non deixaron pasar a ocasión de tirar fotos con ela e xunto ao exxogador de fútbol Juanito.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
