Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xacobeo de Ximnasia Rítmica - IV Torneo Internacional Viravolta-Jael e V Gala Internacional

Ximnastas de talla internacional brillan en Santiago

O IV Torneo Internacional Viravolta-Jael e V Gala Internacional celebrou este sábado a primeira xornada competitiva, pola mañá, con clubes de toda España, Portugal e Italia | Unha trintena de figuras da rítmica mundial ofreceron pola tarde unha exhibición, coa presenza da campioa olímpica Darja Varfolomeev

O recadado serve para financiar os proxectos de ASANOG

REDACCIÓN

Santiago

Unha trintena das mellores atletas do mundo brillaron este sábado sobre o tapiz do Multiusos de Sar (Santiago), reunidas un ano máis no Xacobeo de Ximnasia Rítmica IV Torneo Internacional VIRAVOLTA-JAEL e V Gala Internacional de Ximnasia Rítmica. Organizado polo Club Viravolta, a cita abriuse pola mañá cunha xornada competitiva na que participaron clubs de toda España, Italia e Portugal. O campionato prosegue este domingo desde primeira hora.

Participan ximnastas de primeiro nivel de toda Europa.  | |  A. H.

Participan ximnastas de primeiro nivel de toda Europa. | | A. H.

Ximnastas de primeiro nivel de toda Europa participaron na Gala Internacional, presentada pola olímpica española Carolina Rodríguez. Longines e Jael Joyería, xunto co Xacobeo, son os patrocinadores principais da cita, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

Na cita colaboran numerosas empresas e entidades galegas.

Na cita colaboran numerosas empresas e entidades galegas.

Entre as internacionais da Gala do sábado pola tarde estiveron, entre outras, Darja Varfolomeev (Alemania), dominadora nos últimos Xogos Olímpicos e Mundiais; Anastasia Simakova (Alemania), Tara Dragas (Italia), Alice Taglietti (Italia), Sofia Aciobanitei (Italia), Jasmine Ramilo (Italia) e a Selección Española, representada polo conxunto sénior (triplo campión de Europa e bronce no Mundial) e polas deportistas Daniela Picó, Alba Bautista, Lucía González ou Cristina Korniychuk.

No programa da gala haberá tamén espazo para o deporte adaptado, coa actuación de ximnastas con diversidade funcional.

Vertente solidaria

Na organización do torneo colaboran desinteresadamente numerosas empresas e entidades galegas e esta edición ten de novo unha vertente solidaria, posto que a recadación se destinará a financiar programas de apoio a nenos diagnosticados de cancro e as súas familias a través de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

Na táboa de resultados das competicións matinais da xornada do sábado, destacan os primeiros postos de Naiara García- María Barbeito (Infantil base corda); Martina Villalba-Rítmica Milenium (Cadete base aro); Naiara García- María Barbeito (Infantil base); Martina Villalba- Rítmica Milenium (Cadete base); Ximnasia Oleiros (Senior absoluto conjuntos); Viravolta (Junior absoluto conjuntos); Ximnasia Oleiros (Infantil absoluto conjuntos); Rítmica Salamanca (Benjamin absoluto conjuntos); Cristina Marsano — San giorgio 79 desio italia (Junior absoluto aro); ou Giorgia colombo— San giorgio 79 desio italia (Senior absoluto aro).

Tracking Pixel Contents