Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación da Coruña aplaude con orgullo aos seus bolseiros

O presidente, Valentín González, destaca que son un “referente para todo o deporte galego”

A Coruña. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, recibiron no Pazo de Mariñán, en Bergondo, aos deportistas da provincia que son bolseiros do ente provincial.

Valentín González destacou a importancia destas axudas “para apoiar o traballo” dos deportistas, para darlles a oportunidade de participar nas competicións do máis alto nivel, pois entre os bolseiros atopábanse “algúns dos referentes deportivos da Coruña en diferentes disciplinas, entre eles olímpicos e paralímpicos”. Dos 45 deportistas que recibiron estas subvencións destacan nomes recoñecidos como Carlos Arévalo, Ana Peleteiro ou Adrián Mosquera.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou a ampla representación feminina entre as persoas bolseiras, “importante para que as nenas que veñen detrás conten con referentes para seguir avanzando no camiño cara unha igualdade real no mundo do deporte” incidíu. “É un orgullo por partida dobre poder recibirvos. Primeiramente porque sodes un exemplo de talento, potencial, traballo e esforzo, referentes do deporte galego. E, segundo, porque sodes bolseiros desta casa, e ver como medrades e seguides colleitando éxitos no ámbito autonómico, estatal e internacional é unha enorme satisfacción”, remarcou Capelán.

No acto fíxéronlle entregas de diplomas acreditativos así como de un agasallo aos olímpicos. ecg

04 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.