Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación da Coruña impulsa o deporte con axudas por 692.000 €

Dirixidas a clubs con deportistas ou equipos que participen nunha competición federada

Santiago. A Deputación da Coruña impulsa o deporte coruñés cunha liña de axudas de 692.000 euros dirixida aos clubs e entidades deportivas que conten con equipos ou deportistas que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico durante o 2021.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recollía onte a concesión provisional destas subvencións, das que serán beneficiarias un total de 164 entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia. As contías destas van de un mínimo de 1.020 euros e un máximo de 6.500 euros. Da cifra total da liña de axudas, 21.000 euros corresponden a seis subvencións concedidas provisionalmente condicionadas.

“Esta liña de subvencións deportivas da Deputación da Coruña contribúe a manter a actividade e a mellorar a participación de centos de clubs en competicións de todas as disciplinas e categorías deportivas, axudando a situar aos equipos couñeses na vangarda do deporte galego”, apuntou Cristina Capelán, deputada de Deportes.

A liña de axudas dará apoio a deportistas e equipos en competicións de fútbol, fútbol sala, baloncesto, voleibol, balonmán, xadrez, natación artística, ciclismo, hockey, tenis, golf, kickboxing, pádel ou patinaxe artística, entre outros.

Toda a información sobre a concesión provisional destas achegas na seguinte ligazón ao BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/09/2021_0000006198.html. ECG

10 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.