Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Deputación da Coruña recupera no verán os cursos de vela e windsurf

REGRESO Un total de 240 nenos poderán participar nos cursos de iniciación de vela e de windsurf que a Deputación da Coruña recupera este verán despois de ser suspendidos no ano 2020 por mor da pandemia.

Anunciou a nova a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, ademais de detallar que participarán os concellos de Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo.

Os cursos están dirixidos a rapaces de entre nove e dezaoito anos de idade, e desenvolveranse durante cinco días en quendas de mañá e de tarde. Comezarán o 5 de xullo e finalizarán o 13 de agosto. REDACCIÓN

26 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.