Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Transgalaica levará hoxe ata Ames a máis de 400 participantes

Sae de Bertamiráns e vai a Aldea Nova, Ventosa, o alto de Liñaredo e Piñeiro (Real Aeroclub)

Tras un ano de parón por mor da pandemia, Ames volve acoller este domingo a segunda etapa do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2022, cita “con máis de 400 participantes”, segundo sinalou a organización a EL CORREO GALLEGO.

Será a sexta ocasión na que o concello celebre esta cita, unha das máis importantes do ciclismo no noroeste español. A presentación hai días desta proba organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, coa colaboración do Concello de Ames, ao acto asistiron a concelleira de Deportes, Susana Señorís; Jorge Pérez, (Os Esfola Arrós) e Javier Sánchez (Team Relay).

A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas, onde comezará un circuíto de 33 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces. As inscricións están abertas ata este mércores 9, ás 23:59 horas, premendo nesta ligazón ou accedendo á web magmasports.es.

O circuíto de bicicleta de montaña Transgalaica pasa un ano máis por Ames, na que é xa a sexta cita consecutiva no concello sen contar o parón de 2021 por mor da situación epidemiolóxica. A proba, que terá lugar este domingo 13 de marzo, é a segunda das cinco que conforman o calendario da Transgalaica 2022. A primeira etapa tivo lugar o pasado 27 de febreiro en Cerdedo-Cotobade, mentres que as tres seguintes disputaranse ao longo de marzo e abril na Estrada, en Silleda e en Manzaneda.

Esta mañá o Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu a presentación do evento, que percorre o concello cun circuíto de 33 quilómetros ao que os ciclistas terán que dar dúas voltas. Ao acto asistiron a concelleira de Deportes, Susana Señorís; Jorge Pérez, do club ciclista Os Esfola Arrós; Javier Sánchez, da empresa organizadora Team Relay, e o técnico de Deportes, Alberto Viaño.

A proba comezará ás 9:30 horas diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, para pasar despois por Aldea Nova, Ventosa, Pedra Dourada, o monte de San Marcos, o alto de Liñaredo e as instalacións en Piñeiro do Real Aeroclub de Santiago. Dende aí volverase ata Bertamiráns por Muíños de Riamonte, Lamas e Augapesada. Estímase que os primeiros ciclistas completen a primeira volta sobre as 11:00 e a segunda sobre as 12:30 horas. Antes, dende as 8:00 horas, comezará a entrega de dorsais na propia zona do Pazo.

13 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito