Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 26 noviembre 2022
12:24
h

A Xunta aportará case cinco millóns de euros ás federacións deportivas

Esta achega increméntase ata un 7 % // Trátase do importe máis elevado desde o do ano 2010

A Secretaría Xeral para o Deporte destinará en 2022 un total de 4.715.682 euros para os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas, un 7,42 % máis que o destinado en 2021 (4.390.146 euros), superando por vez primeira a dotación económica de 2010 e sendo a máis elevada dende aquela. En total son 58 as federacións deportivas que xa teñen autorizados os seus convenios para realizar na súa integridade a totalidade das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade. Estes convenios de colaboración foron autorizados polo Consello da Xunta recentemente e ademais, tamén se aprobou a modificación dos límites e das porcentaxes dos pagamentos anticipados para que todas as federacións deportivas de Galicia poidan desfrutar do cen por cen do pagamento de xeito anticipado.

Os 4.715.682 euros son distribuídos atendendo a criterios obxectivos, como son o número de licencias totais, licencias femininas e licencias de deportistas con discapacidade existentes na federación, o número de clubs participantes en competicións oficiais, os de campionatos de España e competicións internacionais organizadas, os deportistas da federación que formen parte das seleccións deportivas, o número de deportistas galegos de alto nivel ou de deportistas de alto nivel da federación ou, entre outros criterios obxectivos, as actividades de promoción e fomento realizadas nas actividades en idade escolar.

DESTINATARIOS. Os 58 convenios autorizados son os das federacións deportivas galegas de actividades subacuáticas (19.912 euros), aeronáutica (13.477 euros), atletismo (248.3118 euros), automobilismo (167.884 euros), bádminton (100.850 euros), baloncesto (271.630 euros), balonmán (206.274 euros), bésibol e sófbol (8.563 euros), billar (21.323 euros), bolos (23.050 euros), boxeo (29.988 euros), caza (30.938 euros), deportes autóctonos (18.376 euros), ciclismo (188.175 euros), colombicultura (3.428 euros), colombofilia (7.398 euros), deporte adaptado (80.243 euros), deportes de inverno (8.597 euros), esgrima (34.550 euros), espeleoloxía (26.265 euros), esquí náutico (8.947 euros), fútbol (262.049 euros), golf (49.217 euros), halterofilia (57.574 euros), hípica (71.951 euros), hóckey (56.354 euros), judo e deportes asociados (144.146 euros), karate e deportes asociados (71.140 euros), kickboxing (20.416 euros), kung-fu (32.894 euros), loita e deportes asociados (113.002 euros), montañismo (28.374 euros), motociclismo (63.750 euros), motonáutica (36.535 euros), natación (171.208 euros), orientación (25.943 euros), pádel (40.162 euros), patinaxe (56.860 euros), pelota (10.998 euros), pesca e casting (15.303 euros), petanca (12.317 euros), piragüismo (485.389 euros), remo (116.045 euros), rugby (45.602 euros), salvamento e socorrismo (21.469 euros), squash (69.028 euros), surf (66.716 euros), taekwondo (122.924 euros), tenis (109.412 euros), tenis de mesa (38.975 euros), tiro ao voo (6.131 euros), tiro con arco (47.028 euros), tiro olímpico (43.336 euros), tríatlon e péntatlon moderno (172.463 euros), vela (292.285 euros), voleibol (83.386 euros), xadrez (53.808 euros) e ximnasia (83.506 euros).

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.