Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta loa os clubes femininos pola loita a prol da igualdade e a tolerancia

Adicará 150.000 euros ao primeiro plan de patrocinio exclusivo dos conxuntos de mulleres

Santiago. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron onte un encontro cos equipos beneficiarios do primeiro Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos, aos que agradeceron a súa colaboración para fomentar a igualdade, a tolerancia e a loita contra a violencia de xénero.

Citáronse equipos de fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán e rugbi, como son Ensino Lugo Club de Baloncesto, Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Atlético Guardés, Real Club Deportivo de La Coruña SAD, Ourense Club de Fútbol SAD, Club Deportivo Burela Fútbol Sala, Club Poio Fútbol Sala, Cidade de As Burgas Fútbol Sala e Club de Arquitectura Técnica. Estes son os beneficiarios desde plan conxunto da Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego, dotado con 150 mil euros.

Este plan é complementario ao Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, que conta con máis de dous millóns de euros e xa inclúe a máis equipos femininos que masculinos.

“Sodes nosas referentes á hora de poñer en valor a importancia do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida”, sinalou María Jesús Lorenzana.

Lete Lasa felicitou ás protagonistas por ser os “mellores referentes para os nosos nenos e nenas, para que lles digades o importante que é loitar contra a violencia de xénero e a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes, transmitíndolles valores tan importantes como os da tolerancia, a igualdade e a non violencia”.

Ademais de lucir os logotipos, estes clubes levarán a cabo un partido dedicado á loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero. ecg

18 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.