Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

ADN Futgal xunta en Santiago a máis de cen técnicos

Falaron Dani Gesto (Compostela), Yago Iglesias (Zamora) e máis Alberto Mariano ( Estradense)

Santiago de Compostela foi na noite do lunes a terceira parada de ADN Futgal. O Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol desembarcou na capital galega co seu proxecto formativo, unha iniciativa que percorrerá todas as delegacións federativas de Galicia co obxectivo de salientar o traballo do noso fútbol e dos nosos técnicos.

O salón de actos Amancio Amaro da sede federativa de Santiago albergou a segunda xornada á que asistiron máis de 100 adestradores/as.

Os relatores desta xornada foron Dani Gesto (adestrador da canteira da SD Compostela), Alberto Mariano (técnico do CD Estradense) e Yago Iglesias (adestrador do Zamora CF ,ex técncio do Compos). Tamén asistiron o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela; o delegado federativo Javier Reyes; e o delegado da Escola en Lugo, Chus Baleato, articulista colaborador de EL CORREO GALLEGO.

O santiagués Dani Gesto traballa na actualidade na canteira da SD Compostela, concretamente no equipo xuvenil que milita na División de Honra. Con anterioridade pasou polas categorías inferiores do RC Deportivo e foi o coordinador do CD Conxo. Falou do adestrador de fútbol base e dos erros comúns no proceso de adestramento”.

Alberto Mariano fixo e segue a facer historia no CD Estradense. Colleu ao equipo na Preferente Galicia e estivo a piques de disputar un playoff de ascenso á Segunda División B. A súa primeira experiencia foi hai anos no conxunto alevín da SD Compostela, entidade na que pasou por todos os equipos. Incluso adestrou ao primeiro equipo na Segunda B na tempada 2015/2016. En Santiago falou sobre a adaptación a distintos contextos de xogo dentro do mesmo partido.

O encargado de pechar o foro foi Yago Iglesias. O adestrador de Palmeira, profesor na Escola Galega de Adestradores e actual míster do Zamora CF na Primeira RFEF, conta cunha dilatada traxectoria no mundo do fútbol. Comezou en categorías base, pasou polo Boiro e polo Pontevedra, tivo unha aventura en Arabia Saudita e aterrou no Compos para facer historia, deixar un legado e ascender o equipo á Segunda B. Desde esta campaña ten a difícil misión de acadar a permanencia co Zamora CF. Deu unha clase sobre a adaptación do adestrador o contexto.

16 mar 2022 / 01:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito