Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
23:15
h

Alejandro Blanco recibe o Premio Ourensanía 2021

O presidente do Comité Olímpico Español ve recoñecido o seu labor en 2020 e o seu historial

O ourensán Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español desde o ano 2005, foi elixido polo xurado para recibir o Premio Ourensanía 2021, logo da reunión celebrada este mércores en San Pedro de Rocas coa presidencia de Manuel Baltar. Foi o propio presidente da Deputación de Ourense quen comunicou a noticia ao galardoado.

O xurado composto por Manuel Baltar, Luis González Tosar, Jesús de Juana, Miguel Anxo Fernández, Juan Luis Saco, Patricia Torres e Aurelio Gómez Villar concedeu por unanimidade o premio a Alejandro Blanco. Xustifícao “por toda unha traxectoria vital e profesional dedicada ao mundo do deporte, tanto desde a práctica persoal como polo seu destacado papel na defensa do labor que realizan as federacións deportivas, pero sobre todo como firme valedor do movemento olímpico, o que lle valeu o recoñecemento ao seu traballo por parte do Comité Olímpico Internacional”.

Prémiase así o labor de Blanco nun ano especialmente complicado pola preparación dos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 nunhas circunstancias excepcionais, pero cun gran resultado pois o 55,5 por cento dos deportistas españois conseguiron situarse entre os oito mellores do mundo nas súas disciplinas. Ademais reivindícase o esforzo da Deputación de Ourense para situar ao deporte como unha das súas fortalezas.

18 ago 2021 / 19:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.