Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames presentou a súa pedestre de dez quilómetros que se corre este domingo

Ames. O salón de plenos da casa do concello de Ames acolleu este luns a presentación da XXI Carreira pedestres popular do Concello de Ames que se vai a celebra este domingo, 23 de outubro, na localidade de Bertamiráns e na súa contorna. Este evento deportivo volve organizarse despois de dous anos de paro obrigado pola situación epidemiolóxica.

A proba desenvolverase nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O prazo de inscrición para participar na carreira está aberto ata o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas, e pode realizarse tanto na páxina web www.carreirasgalegas.com como de xeito presencial, no establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

A XXI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames pertence ao VIII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña e é parte do Campionato de Galicia das categorías sub20, sub23, absoluta e máster da tempada 2022-2023.

Esta carreira, cuxa última edición se celebrou no 2019, conta cun circuíto urbano homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da casa do concello.

O percorrido da proba estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en cada quilómetro. c.a.

18 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito