Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aportación récord para os clubes de alta competición galegos

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, mantivo este xoves unha reunión virtual cos clubes beneficiarios do Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia 2021 da Fundación Deporte Galego. Na mesma anunciou unha achega récord de 3,9 millóns de euros para a edición 2021/22.

Concretamente serán 3.872.000 euros os que se repartirán na vindeira edición da iniciativa, sumando as aportacións da Secretaría Xeral para o Deporte, Turismo de Galicia e Abanca.

No plan 2020/21, como avanzou o martes o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, serán 238 equipos patrocinados (129 masculinos, 102 femininos e 7 mixtos), cun investimento de 3,15 millóns de euros.

Lete agradeceu o apoio de Turismo de Galicia, que tanto neste 2021 como en 2022 financiará o Plan de Patrocinio e a organización de eventos nacionais e internacionais con 2,5 millóns de euros. Tamén salientou a achega de Abanca, que en plena pandemia garantiu o seu apoio ao proxecto ata 2024, cunha aposta de dez millóns de euros desde o ano 2015.

O secretario xeral para o Deporte, que na xuntanza explicou aos clubes os trámites e pasos para recibir as axudas, tamén destaca que desde a posta en marcha do plan no exercicio 2009/10 os equipos recibiron máis de 33 millóns.

27 may 2021 / 20:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.