Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arrinca hoxe en Lousame unha nova edición dos Cen pola comarca do Barbanza

Máis de 250 deportistas asumen o reto de cubrir 100 quilómetros andando ou correndo sen parar pola costa, vilas e aldeas e montes

Chegou o momento da verdade, ese que moitos andaregos estaban a esperar desde fai tres anos cando en xuño de 2019 disputouse a sexta edición da ultraandaina de 100 quilómetros do Barbanza, organizada pola asociación Internacional Trekkers Barbanza-Sar. Hoxe, ás 16.00 horas en Lousame darase a saída aos máis de 250 participantes nesta proba de resistencia para cubrir eses 100.000 metros por un esixente traxecto que cobre os sete municipios desta comarca pasando por montes, aldeas, camiños rurais, praias e carreiros fluviais, máis do 90% do percorrido sen asfalto, e pasando por paisaxes de extraordinario valor.

No pavillón Pilar Barreiro do Concello de Lousame, no se completa o cínculo dos sete municipios do Barbanza, daranse cita precisamente os alcaldes e outros reprersentantes munciipais xunto con membros da directiva da Mancomunidade de Municipios de Barbanza Arousa.

A alcaldesa Teresa Villaverde, que exercerá de anfitriona, portará o dorsal número 1 na saída neutralizada, Adolfo Muiño o alcalde de Rianxo levará o dous, mentras que os de A Pobra, Ribeira, Porto do Son e Noia, portarán os seguintes ata o número 7 e o 8 ó lucirá a xerente da mancomunidade.

Unha vez que Fran lcalde, presidente dos Itrekkers, e Xavier Boullón, director técnico da proba, den o OK os deportistas iniciarán o percorrido de cen quilómetros que deberán completar en menos de 24 horas; é decir, hai que andar a más de 4,5 por hora.

O itinerario comeza na Silva (Lousame) e continúa por Porto Bravo, río Vilacoba, fábrica de Fontán, Comparada, Monte Muralla (o punto máis alto, a case 700 metros), Ourille, Castro Barbudo, Bealo, petróglifo da serpe, río Brea, Espiñeira, río Coroño, Castelos de Vitres, A Curota, miradoiro de Valle-Inclán, Ladeira dos Forcados, Queiruga, Castro de Baroña, praia da Aguieira, Caveiro, Portosín, Arsellas, Ponte de San Francisco, Mosteiro e Berrimes. En total son tres mil metros de subida acumulada e como singularidade decir que vaise a pasar por terrenos que pertenecen a 35 comunidades de montes.

Aínda que a maioría dos participantes son galegos apuntar que acoden deportistas se sete comunidades autónomas españois (de Cataluña e Eusakadi son as representacións máis numerosas) e, ademais de Portugal, doutro catro países estranxeiros.

O inscrito de maior idade é o vigués Xosé Lois Freixeiro López, de 81 anos, quen xa participou noutras cinco edicións e que fará esta andaina co seu fillo, Xosé Enrique. Francisco González Lojo, el expresidente dos Itrekkers, será outro dos atletas xunto con Agustín Hernández, presidente do Consello Económico e Social de Galicia..

25 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito